Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 31 de agosto de 2020 Páx. 34598

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (PO 764/2019).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento PO 764/2019, seguido por instancia de Alfredo Álvarez López contra Plantadeza, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial sobre reclamación de conceptos salariais, ditouse Sentenza número 252/2020, do 29 de xullo, estimando a demanda, e contra a que non cabe recurso. O texto íntegro da resolución está á disposición dos interesados no propio xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Plantadeza, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 31 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza