Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Venres, 28 de agosto de 2020 Páx. 34423

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (DSP 467/2018).

Eu, Eva Ortiz Suárez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 467/2018 deste xulgado do social, sobre despedimento, ditouse Sentenza do 23 de abril de 2020 contra a cal se pode interpoñer o oportuno recurso de suplicación no prazo de cinco (5) días. Fáiselles saber aos interesados que poderán ter coñecemento íntegro da dita resolución na Secretaría deste órgano xudicial.

Para que sirva de notificación en legal forma a Invertaresa, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 6 de agosto de 2020

A letrada da Administración de xustiza