Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Venres, 28 de agosto de 2020 Páx. 34422

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (DSP 129/2020).

DSP. Despedimento/cesamentos en xeral 129/2020

Procedemento de orixe: sobre despedimento

Demandante: Antonio Méndez Rodríguez

Avogado: Alberto José Rodríguez Amoroso

Demandados: Canguro Regalos, S.L., Fogasa

Avogado/a: letrado/a de Fogasa

Eu, Eva Ortiz Suárez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 129/2020 deste xulgado do social se ditou a Sentenza do 21 de xullo de 2020 contra a cal se pode interpoñer o oportuno recurso de suplicación no prazo de cinco días. Fáiselles saber aos interesados que poderán ter coñecemento íntegro da dita resolución na Secretaría deste órgano xudicial.

Para que sirva de notificación en legal forma a Canguro Regalos, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 24 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza