O 20 de febreiro de 2020 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 31 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a consolidación de unidades mixtas de investigación aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificadas na RIS3 para Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2020.
O artigo 26.2 da Resolución do 31 de decembro de 2019 establecía os seguintes prazos de xustificación:
Prazos de presentación da documentación:
Ano 2020 |
Ata o 10 de outubro de 2020 |
Ano 2021 |
Ata o 10 de outubro de 2021 |
Ano 2022 |
Ata o 10 de outubro de 2022 |
Ano 2023 |
Ata o 2 de xuño de 2023 |
Períodos de realización de gastos (emisión de facturas) e realización de pagamentos dos gastos executados:
Ano 2020 |
• Desde a data de sinatura do acordo de consolidación da unidade mixta de investigación (que non poderá ser anterior á data de presentación da solicitude de axuda) ata o 30 de setembro de 2020. |
Ano 2021 |
• Desde o 1 de outubro de 2020 ata o 30 de setembro de 2021. |
Ano 2022 |
• Desde o 1 de outubro de 2021 ata o 30 de setembro de 2022. |
Ano 2023 |
• Desde o 1 de outubro de 2022 ata o 31 de maio de 2023. |
O 28 de xullo de 2020 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 20 de xullo de 2020 pola que se adxudican as axudas da Resolución do 31 de decembro de 2019 para a consolidación de unidades mixtas de investigación. Tendo en conta a data da resolución de concesión destas axudas, os prazos de xustificación e execución dos gastos/pagamentos da anualidade 2020 establecidos no citado artigo 26.2 da convocatoria quedan moi reducidos, polo que se considera necesario ampliar estes prazos para viabilizar os procesos de execución e xustificación das axudas concedidas para o ano 2020.
En consecuencia, no exercicio das facultades que lle confire o artigo 17.3 do Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro, polo que se crea a Axencia Galega de Innovación,
RESOLVO:
Artigo único. Modificación do artigo 26.2 da Resolución do 31 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a consolidación de unidades mixtas de investigación aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificadas na RIS3 para Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020.
O artigo 26.2 da citada resolución queda redactado do seguinte xeito:
Prazos de presentación da documentación:
Ano 2020 |
Ata o 15 de decembro de 2020 |
Ano 2021 |
Ata o 10 de outubro de 2021 |
Ano 2022 |
Ata o 10 de outubro de 2022 |
Ano 2023 |
Ata o 2 de xuño de 2023 |
Períodos de realización de gastos (emisión de facturas) e realización de pagamentos dos gastos executados:
Ano 2020 |
• Desde a data de sinatura do acordo de consolidación da unidade mixta de investigación (que non poderá ser anterior á data de presentación da solicitude de axuda) ata o 30 de novembro de 2020. |
Ano 2021 |
• Desde o 1 de decembro de 2020 ata o 30 de setembro de 2021. |
Ano 2022 |
• Desde o 1 de outubro de 2021 ata o 30 de setembro de 2022. |
Ano 2023 |
• Desde o 1 de outubro de 2022 ata o 31 de maio de 2023. |
Disposición derradeira única. Entrada en vigor
Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 17 de agosto de 2020
Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación