Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Venres, 28 de agosto de 2020 Páx. 34455

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 11 de agosto de 2020 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción de reformulación do proxecto de itinerario peonil e ciclista na AC-214, Sigrás, punto quilométrico 8+500-9+260, de clave AC/18/186.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado.

Antecedentes:

Mediante a Resolución do director da Axencia Galega de Infraestruturas do 6 de agosto de 2020 aprobouse provisionalmente o proxecto de construción da reformulación do proxecto de itinerario peonil e ciclista na AC-214. Sigrás, p.q. 8+500-9+260, de clave AC/18/186.06.

A Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, determina no seu artigo 6.2, que os espazos destinados a sendas para peóns ou para a circulación de ciclistas teñan a consideración de elementos funcionais da estrada. Tendo en conta este precepto, a Xunta de Galicia elaborou a Estratexia en materia de mobilidade alternativa de Galicia, entre cuxos obxectivos está o fomento dos sistemas de transporte alternativos aos motorizados, que permitan minimizar as repercusións sobre o ambiente e os seus impactos sociais e económicos. Os beneficios esperados con esta iniciativa son, entre outros, a mellora da mobilidade, a mellora da calidade do aire, da saúde, da igualdade e benestar da economía, do patrimonio e do urbanismo.

O treito que engloba o presente proxecto presenta unha lonxitude de 720 metros, desde a intersección tipo glorieta coa AC-213 e a N-550, dentro dos núcleos de A Telva, A Xira e A Pena de Sigrás de Abaixo.

Dado que xa existe unha senda pola marxe dereita da AC-214, dentro do ámbito deste proxecto, deseñáronse dúas actuacións diferentes:

• Desde o p.q. 8+560 ao 8+860 levarase a cabo unha renovación superficial da calzada existente, mediante o fresado e posterior reposición dunha capa de mestura betuminosa.

• Desde o p.q. 8+860 ao 9+280 executarase unha ampliación da sección tipo da calzada e a prolongación da senda existente ata a intersección da AC-214 coa N-550, mediante a construción dunha nova senda para o tránsito peonil e ciclista que dea continuidade á existente.

Outras actuacións complementarias: execución da necesaria drenaxe, sinalización vertical e horizontal, balizamento e defensas e acondicionamento de dúas das paradas de bus.

Considerando todo o exposto e o establecido na normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia e no artigo 50 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia, o mencionado proxecto de construción sométese ao trámite de información pública durante un período de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial Galicia, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas, as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado deseñado.

Segundo. Que, simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento de expropiación forzosa, sométese a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.

Terceiro. A exposición ao público, para os efectos da presente resolución, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas da Coruña (rúa Vicente Ferrer, 2, 15071 A Coruña) e na Casa do Concello de Cambre (rúa Atrio, 1, 15660 Cambre, A Coruña). Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade (https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/organizacion/c/CIV_Axencia_Galega_de_Infraestruturas) atópase á disposición dos interesados o documento completo do proxecto de construción.

Santiago de Compostela, 11 de agosto de 2020

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Relación de bens, dereitos e propietarios afectados

Proxecto de construción

Reformulación do proxecto de itinerario peonil e ciclista na AC-214. Sigrás.

P.q. 8+500-9+260

Clave AC/18/186.06

Concello de Cambre

Ref. catastral

Polígono

Cuarteirón

Parcela

Propietario

DNI

Superficie (m2)

Superficie afectada

Medición e descrición

1

1734201nh5913n

99

17342

1

Hdros. Manuel Iglesias Iglesias

***1628**

1.094,00

47,42

– 1 m3 muro pedra e parte proporcional cimentación.

– 6 m2 muro bloque e parte proporcional cimentación.

– 10 ml malla arame.

– 47,42 m2 s. urbano núcleo rural-horta.

2

1636607nh5913n

6

16366

7

Pilar Louro Presedo

***1368**

965,00

13,81

– 13,81 m2 s. urbano núcleo rural-labradío.

3

1636608nh5913n

6

16366

8

Carmen Trasande Suárez

***0897**

2.660,00

152,90

– 27 ud. planta xardín.

– 48 ml malla arame con tubos de ferro.

– 29 m2 muro bloque e parte proporcional cimentación.

– 6 m2 soleira formigón.

– 152,90 m2 s. urbano núcleo rural-horta.

4

1734207nh5913n

99

17342

7

José Antonio López Cañas

***2287**

97,00

3,00

– 3,00 m2 s. urbano núcleo rural-fronte edificación.

5

1535501nh5913n

6

15355

1

Matilde Trasande Suárez

***8682**

460,00

53,00

– 12 ud. planta de xardín.

– 1 ud. traslado contador auga.

– 1 m3 formigón en columna.

– 1 ud. traslado portal.

– 7 m2 soleira plaqueta.

– 2 m3 muro formigón e parte proporcional cimentación.

– 15 ml malla de arame.

– 53 m2 s. urbano núcleo rural-horta.

6

1535502nh5913n

6

15355

2

Juan Carlos Gómez Becerra

***6451**

410,00

62,00

– 20,00 m2 soleira formigón.

– 1 ud. traslado contador auga.

– 8 m2 muro bloque split e parte proporcional cimentación.

– 8 ml celosía.

– 62 m2 s. urbano núcleo rural-horta.

7

1535503nh5913n

6

15355

3

María Juana Campos Luhia

***2004**

1.209,00

138,00

– 1 ud. edificación.

– 11 m3 muro pedra e parte proporcional cimentación.

– 12 ud. tuia.

– 17 m2 emparrado.

– 138 m2 s. urbano núcleo rural-horta.

– 1 ud. traslado de contador auga.

8

1535504nh5913n

6

15355

4

Óscar Basadre Gómez

***2683**

430,00

61,89

– 7,00 m3 muro pedra formigoneira e parte proporcional cimentación.

– 17 ml celosía.

– 61,89 m2 s. urbano núcleo rural-labradío.

9

1734206nh5913s

99

17342

6

María Ángeles Seoane Fernández

***8021**

7.161,00

142,20

– 32,00 m3 muro cachotaría e parte proporcional cimentación (parte reposición).

– 1 ud. traslado portal.

– 142,20 m2 s. urbano núcleo rural-horta.

10

1533416nh5913s

99

15334

16

María Dolores Sánchez Fernández

***9570**

2.020,00

183,41

– 32,00 ml sebe viva.

– 183,41 m2 s. urbano núcleo rural-labradío.

11

1533404nh5913s

99

15334

4

María Fernández Catrufo

***2377**

3.967,00

94,18

– 1 ud. castiñeiro.

– 14 ml sebe viva.

– 94,18 m2 s. urbano núcleo rural-labradío.

12

1533403nh5913s

99

15334

3

Hrdos. Pilar Souto Rodríguez

***7041**

913,00

257,60

– 50,00 ml sebe viva.

– 7 ud. planta xardín.

– 1 ud. traslado portal automático.

– 1 m3 formigón en columna.

– 15 m2 soleira formigón.

– 257,60 m2 s. urbano núcleo rural-horta.

13

1435712nh5913s

6

14357

12

Montserrat Grela Martínez

***0139**

2.532,00

22,80

– 8,00 m2 soleira formigón.

– 0,50 m3 muro formigón e parte proporcional cimentación.

– 8,25 m2 muro bloque e parte proporcional cimentación.

– 22,80 m2 s. urbano núcleo rural-horta.

14

1533402nh5913s

99

15334

2

Javier Concheiro Pardo

***0144**

269,00

35,85

– 9,00 m2 soleira formigón.

– 1 m2 soleira pedra.

– 35,85 m2 s. urbano núcleo rural-fronte edificación.

15

1533401nh5913s

99

15334

1

M. Jesús Maceiras Concheiro

***0219**

355,00

20,87

– 3,00 m2 muro bloque e parte proporcional cimentación.

– 3 ud. arbusto de xardín.

– 5 ml reixa metálica.

– 30 m2 soleira formigón.

– 7 ml sebe viva.

– 20,87 m2 s. urbano núcleo rural-fronte edificación.

16

1435713nh5913s

6

14357

13

Olaya Ferrio Canosa

***3191**

1.971,00

70,00

– 21,00 m2 muro bloque e parte proporcional cimentación.

– 3 ud. arbusto de xardín.

– 21 ml celosía.

– 1 ud. traslado portal.

– 1 ud. traslado contador auga.

– 70 m2 s. urbano núcleo rural-xardín.

17

1533412nh5913s

99

15334

12

Agustín Andrade Marzoa

***3399**

2.184,00

60,25

– 1,50 m3 muro formigón e parte proporcional cimentación.

– 14 m2 soleira formigón.

– 2 m2 muro bloque e parte proporcional cimentación.

– 3 ml celosía.

– 34 ud. planta xardín.

– 60,25 m2 s. urbano núcleo rural-horta.

18

1533415nh5913s

99

15334

15

Elena Brea Patiño

***7007**

260,00

36,12

– 1,00 m3 muro pedra formigonada e parte proporcional cimentación.

– 2 m2 muro bloque e parte proporcional cimentación.

– 4 m2 soleira formigón.

– 1 ud. traslado portal.

– 36,12 m2 s. urbano núcleo rural-fronte edificación.

19

1435716nh5913s

6

14357

16

Manuel Rodríguez Patiño

***3653**

699,00

20,10

– 30,00 ml malla arame.

– 30 ml peche vexetal.

– 2 ud. alpendre.

– 20,10 m2 s. urbano núcleo rural-horta.

20

1533414nh5913s

99

15334

14

Hrdos. Antolina Pose Torres

***8861**

668,00

136,75

– 34,00 ml peche vexetal.

– 3 ud. froiteira.

– 1 ud. figueira.

– 136,75 m2 s. urbano núcleo rural-horta.

21

1435711nh5913s

99

14357

11

Agustín Andrade Marzoa

***3399**

1.180,00

48,60

– 32,00 ml peche vexetal.

– 48,60 m2 s. urbano núcleo rural-horta.