Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Xoves, 27 de agosto de 2020 Páx. 34094

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Verín

EDICTO (17/2018).

DCT divorcio contencioso 17/2018

Sobre divorcio contencioso

Cédula de notificación

Agustín Gamote Álvarez, letrado da Adminnistración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Verín, certifica que neste xulgado se tramitan autos arriba referenciados en que se ditou a seguinte:

Sentenza número 21/2020

Verín, 20 de febreiro de 2020

Vistos por Francisco José Lora Núñez, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 2 desta cidade e o seu partido, os presentes autos de divorcio contencioso seguidos ante este xulgado baixo o número 17/2018 por instancia de Michelle de Miranda Silva, representada pola procuradora dos tribunais Lucía Taboada González e coa asistencia letrada de Juan Carlos Francisco Rivera, contra Petru Zagrean, o cal se atopa en situación de rebeldía procesual.

(seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito)

Resolvo:

Estímase a demanda interposta pola procuradora dos tribunais Lucía Taboada González, en nome e representación de Michelle de Miranda Silva, contra Petru Zagrean, e na súa virtude debo declarar e declaro disolto por divorcio o matrimonio contraído entre Michelle de Miranda Silva e Petru Zagrean, con data do 2 de febreiro de 2009, con todos os efectos legais que esta declaración leva.

Non procede facer especial pronunciamento sobre as custas.

Firme esta resolución, líbrese exhorto ao encargado do Rexistro Civil, en que consta a inscrición do matrimonio cuxa disolución se acorda.

Notifíquese a presente sentenza ás partes e fágalles saber que a mesma non é firme, e contra a mesma cabe interpoñer recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Ourense.

Así, por esta a miña sentenza, de que se deducirá testemuño para a súa unión aos autos, definitivamente xulgando nesta primeira instancia, o pronuncio, o mando e o asino.

E para que conste e sirva de notificación a Petru Zagrean, en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto.

Verín, 13 de marzo de 2020