Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Xoves, 27 de agosto de 2020 Páx. 34093

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 4698/2019 CRS).

Eu, Mª Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da sección número un da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4698/2019 desta sección, seguido por instancia de Asepeyo, Mutua de A.T. e E.P. da Seguridade Social número 151, sobre accidente, se ditou a seguinte resolución:

A sala estima a petición realizada pola empresa Pizarras Gonta, S.A. no seu escrito con data do 29 de xuño de 2020 e engade á parte dispositiva da súa Sentenza do 19 de xuño de 2020, ditada no recurso número 4698/2019, o parágrafo seguinte: «Así mesmo, condenamos a parte recorrente a que polo concepto de honorarios satisfaga setecentos cincuenta euros (750 €) aos letrados das partes recorridas que actuasen no recurso. E, igualmente, acordamos, se é o caso, a perda do depósito constituído e o destino legal para a consignación efectuada (aval presentado)».

Notifíquese ás partes advertíndolles que contra esta resolución non cabe recurso ningún. Non obstante o dito no parágrafo anterior, na medida en que se debe entender que este auto se integra na resolución que aclara, corrixe, emenda ou complementa, o prazo para interpoñer o recurso que caiba contra a devandita resolución restablécese a partir do momento en que este auto se lles notifique ás partes. Se algunha das partes interesadas nestas actuacións xa presentou, preparou ou anunciou o pertinente recurso contra a resolución aclarada, corrixida, emendada ou complementada, a súa actuación considérase válida para todos os efectos, sen prexuízo de que, á vista deste auto, poida completala no prazo que con el se abre.

Así, por este noso auto, o pronunciamos, o mandamos e o asinamos.

E para que sirva de notificación en legal forma a Pizarras la Baña, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza