O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o día 20 de xullo de 2020, ditou resolución pola que se ordena dar traslado á persoa titular da alcaldía do Concello de Vigo do expediente de reposición da legalidade urbanística PON/296/2018-RP1, para que adopte as medidas necesarias para a protección da legalidade urbanística en relación coas obras consistentes na construción dunha edificación para uso residencial, edificación para taller e piscina, no camiño da Cerdeira, 42, Sárdoma, no termo municipal de Vigo, provincia de Pontevedra. As medidas que se adopten para o pleno restablecemento da legalidade urbanística vulnerada e cantas se diten no curso do procedemento comunicaranse a esta axencia, ao abeiro do disposto no artigo 370.2 do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.
Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a Ana Belén González Garrido, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á interesada a dita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.
Contra a dita resolución, que pon fin á vía administrativa, a interesada pode interpoñer recurso de reposición no prazo dun (1) mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous (2) meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.
Santiago de Compostela, 10 de agosto de 2020
O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística
P.S. (Artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo; DOG núm. 59, do 27 de marzo)
José María Domínguez Blanco
Subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística