Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Mércores, 26 de agosto de 2020 Páx. 33905

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Santa Comba (expediente-e IN407A 2020/63-1).

Expediente-e: IN407A 2020/63-1.

Promotora: Industrial Barcalesa, S.L.

Denominación da instalación: reforma da LMTA Babión-Catroventos (treito Choupana-Gandarela), no lugar de San Martiño-Fontecada.

Concello: Santa Comba.

Feitos:

1. O 23 de marzo de 2020, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da dita instalación de distribución eléctrica.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 38 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

3. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas, isto é, Servizo Provincial da AXI-Xefatura Territorial da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Coruña e Concello de Santa Comba. A empresa promotora manifestou a súa conformidade co condicionado establecido pola AXI. Hoxe non consta no expediente resposta do organismo afectado, isto é, o Concello, á solicitude nin á reiteración do condicionado solicitado.

4. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas:

1. A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

2. O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

3. O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

4. O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

5. O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

6. A Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

7. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

– Substitución de 1.431,17 m de condutor 3×LA-30 por 3×LA-56 na LMTA existente chamada liña principal Babión-Catro Ventos (expedientes INA407A 1998/409-1 e IN407A 2018/122-1) desde o apoio número A2-20 ao número 30-31. Substitución de 7 apoios (números 20-21, 21-22, 22-23, 23-24, 24-25, 27-28 e 30-31) no treito de liña que soporten os novos esforzos nas localizacións existentes. Retirada do elemento de manobra XS do apoio número 27-28.

– Substitución de 893,87 m de condutor 3×LA-30 por 3×LA-56 na LMTA existente denominada llña principal Babión-Catro Ventos (expediente INA407A 1998/409-1) desde o apoio número G2-32 ao número 39-40. Substitución de 2 apoios (números 39-40 e G2-32) no treito de liña que soporten os novos esforzos nas localizacións existentes.

– Retirada de 256,5 m de condutor 3×LA-30 na LMTA existente denominada derivación a Busto (Ordoeste) (expediente 51813) desde o apoio número A2-20 ao número 19-1. Desmantelarase o apoio número 20-19 HV-1000/R13.

– Instalación de 46,86 m de conductor 3×LA-56 na LMTA existente denominada derivación a Busto (Ordoeste) (expediente 51813) desde o apoio (que se retira) número 20-19 ao número 19-1. Instalarase nunha nova localización un novo apoio C-3000/14 con número 20-19 (mantense a denominación do apoio que se retira) onde se fará un paso aerosubterránedo (PAS).

– Gabia de 269,69 m de LMTS en condutor RHZ1-2OL 3×(1×240) mm2 Al, desde a cela de saída motorizada existente do centro de transformación e seccionamento (CST) Gandarela de 100 kVA (expediente IN407A 2018/122-1) e remate no apoio proxectado número 20-19, onde se fará un PAS da LMTS proxectada. Instalaranse 188,42 m pola gabia xa existente (expediente IN407A 2008/122-1) desde o CST ata a arqueta existente número 18-A1. O treito restante da LMTS de 62,68 m instalarase na gabia proxectada núm. 2 desde a arqueta existente número 19-A1 ata o novo apoio proxectado número 20-19, pasando pola arqueta número A1-A2.

O orzamento da instalación, segundo o proxecto, é de 53.410,54 €.

8. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 14 de xullo de 2020

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña