Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Martes, 25 de agosto de 2020 Páx. 33662

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de agosto de 2020, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se concede a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e se declara de utilidade pública, en concreto, o parque eólico Alto da Croa II, nos concellos de Dumbría e Vimianzo (A Coruña), promovido pola sociedade Greenalia Wind Power Alto da Croa II, S.L.U. (expediente IN661A 2010/4-1).

Examinado o expediente iniciado por solicitude de Gamesa Energía, S.A. (promovido actualmente por Greenalia Wind Power Alto da Croa II, S.L.U) en relación coa autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, e a declaración de utilidade pública, en concreto, do parque eólico Alto da Croa II (en diante o parque eólico), constan os seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro. Mediante a Resolución do 30 de abril de 2010, pola que se publica a relación de solicitudes de outorgamento de autorización administrativa de instalación de parques eólicos para promotores titulares de plans eólicos empresariais ao abeiro da Orde do 20 de xaneiro de 2010, pola que se abre o prazo para a presentación de solicitudes de outorgamento de autorización administrativa de instalación de parques eólicos para promotores titulares de plans eólicos empresariais (DOG núm. 18, do 28 de xaneiro), admitiuse a trámite o parque eólico promovido por Gamesa Energía, S.A.

Segundo. O 8.10.2010 Gamesa Energía, S.A. e Sistemas Energéticos del Umia, S.A.U. solicitaron a autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a aprobación do proxecto sectorial para o parque eólico, solicitando ademais a tramitación do expediente a nome de Sistemas Energéticos del Umia, S.A.U.

Terceiro. O 30.4.2018 Manuel García Pardo, actuando no nome e representación de Greenalia Wind Power Alto da Croa II, S.A.U. comunicou a adquisición por parte de Greenalia Power, S.L.U. da mercantil Sistemas Energéticos del Umia, S.A.U., así como o cambio de denominación social desta, que pasa a denominarse Greenalia Wind Power Alto da Croa II, S.A.U., achegando a correspondente documentación acreditativa.

Cuarto. Pola Resolución do 22 de xuño de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, autorizouse o cambio de titularidade do parque eólico Alto da Croa II, resultante da adquisición por parte de Greenalia Power, S.L.U. da sociedade Sistemas Energéticos del Umia, S.A.U., titular da instalación, e posterior cambio de denominación desta a Greenalia Wind Power Alto da Croa II, S.A.U. (en diante, o promotor).

Quinto. O 9.7.2018 o promotor actualizou a solicitude de autorizacións administrativas previa, autorización administrativa de construción, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto sectorial, solicitando así mesmo a declaración de interese especial para o parque eólico.

Sexto. O 6.9.2018 o Consello da Xunta declarou o parque eólico como proxecto de interese especial.

Sétimo. O 28.9.2018 a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático emitiu o informe a que fai referencia o artigo 33.4 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

Oitavo. O 31.10.2018 a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu, en relación co proxecto sectorial do parque eólico, o informe ao que fai referencia o artigo 33.5 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

Noveno. Polo Acordo do 23 de novembro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña (en diante, a xefatura territorial), someteuse a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e o estudo de impacto ambiental do proxecto do parque eólico.

O dito acordo publicouse no Diario Oficial de Galicia do 29.11.2018 e no xornal La Voz de Galicia do 29.11.2018. Así mesmo, permaneceu exposta ao público nos taboleiros de anuncios dos concellos afectados (Dumbría e Vimianzo), da xefatura territorial e da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Coruña, que emitiron os correspondentes certificados de exposición pública.

Durante o período de información pública non foron presentadas alegacións.

Décimo. O 7.12.2018 e o 10.12.2018 a xefatura territorial remitiu, para a emisión dos correspondentes condicionados técnicos, as separatas do proxecto de execución do parque eólico aos seguintes organismos e empresas de servizo público: Red Eléctrica de España, Cellnex Telecom, S.A., Retegal, Concello de Vimianzo, Concello de Dumbría, Sociedad de Salvamento y Seguridad Marítima e Augas de Galicia.

Décimo primeiro. O 19.12.2018, a Sociedad de Salvamento y Seguridad Marítima (en diante Sasemar) emitiu informe desfavorable, posto que a localización proposta para os aeroxeradores interfire na área de cobertura dos equipamentos de radiocomunicacións e sensores radar que o dito organismo ten situados na estación do Chan das Lagoas, polo que se vería afectada a prestación de servizos de salvamento. Así mesmo, indica que o uso e modificacións dos vieiros de acceso require dun acordo entre as partes.

Décimo segundo. O 27.12.2018 Retegal emitiu o correspondente condicionado, aceptado polo promotor o 9.1.2019.

Décimo terceiro. O 8.1.2019 Augas de Galicia emitiu o correspondente condicionado, aceptado polo promotor o 15.1.2019.

Décimo cuarto. O 9.1.2019 Red Eléctrica de España informou de que diversas liñas eléctricas da súa titularidade poderían verse afectadas, polo que solicita que sexan tidas en conta no proxecto do parque eólico, establecendo ademais o correspondente condicionado para a execución de actuacións nas proximidades dos apoios das liñas referidas. O 7.2.2019 o promotor achegou a súa resposta presentado o documento Respuesta informe Red Eléctrica de España. Parque Eólico Alto da Croa II.

Décimo quinto. O 16.1.2019 o promotor presentou a separata para Sasemar corrixida debido a unha errata detectada nun dos planos, correspondente ao acceso do parque eólico, e comunicou que estaba elaborando un estudo técnico sobre a afección aos servizos radioeléctricos de Sasemar. Así mesmo, solicitaba información concreta sobre o aeroxerador que produciría interferencias e sobre os servizos actuais que se verían afectados.

Décimo sexto. O 24.1.2019 Sasemar informa de que o aeroxerador que produce un obstáculo directo é o AE01 e o servizo afectado sería o radar, e require un estudo que garanta a prestación dos servizos públicos de salvamento e que demostre a compatibilidade das instalacións propostas para o parque eólico coa instalación da súa titularidade. No que respecta aos vieiros, manifestan que non teñen inconveniente en facilitar o acceso sempre que se articule un convenio entre as partes con anterioridade a calquera actuación.

Décimo sétimo. O 6.2.2019 o Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Coruña emitiu informe en que se recolle a ausencia de dereitos mineiros vixentes dentro da área de afección do parque eólico.

Décimo oitavo. O 7.2.2019 a xefatura territorial reiterou as solicitudes de emisión do correspondente condicionado técnico aos concellos Dumbría e Vimianzo. Non se recibiu resposta no prazo outorgado.

Décimo noveno. O 7.2.2019 o promotor contestou o informe de Sasemar do 24.1.2019 indicando que presentará en breve o estudo requirido polo dito organismo e que non ten inconveniente en tentar acadar un acordo en relación co uso do vieiro de acceso ás instalacións. Posteriormente, o 21.2.2019 o promotor achegou o Estudio de Impacto del parque eólico Alto da Croa II sobre el radar Chan das Lagoas de Sasemar, elaborado polo Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG), e que, a xuízo do promotor, garante a compatibilidade entre o parque eólico e, en particular, da posición do aeroxerador A01, e o correcto funcionamento do radar.

Vixésimo. O 22.2.2019 Cellnex Telecom, S.A. emitiu o correspondente condicionado, aceptado polo promotor o 7.3.2019.

Vixésimo primeiro. O 22.2.2019 o Servizo de Montes da Coruña informou de que o monte de Baíñas, monte patrimonial do Concello de Vimianzo con xestión consorciada coa Administración forestal, se vería afectado pola construción de viais para dar servizo ao parque eólico. O 01.4.2019 o promotor manifestou que aceptaba o contido do dito informe.

Vixésimo segundo. O 6.3.2019 Sasemar informa de que non está acordo co estudo presentado polo promotor e que está redactando un estudo contraditorio solicitando a paralización do procedemento ata a finalización das correspondentes comprobacións para preservar os servizos públicos de salvamento.

Vixésimo terceiro. O 14.3.2019 o promotor achegou a autorización emitida, o 6.3.2019, pola Axencia Estatal de Seguridade Aérea.

Vixésimo cuarto. O 13.5.2019 Red Eléctrica de España, en vista da documentación presentada polo promotor o 7.2.2019, emitiu o correspondente condicionado, non opoñéndose ao proxecto do parque eólico. O 12.6.2019 o promotor manifestou a súa conformidade.

Vixésimo quinto. O 5.6.2019 Sasemar achega un informe en que se analiza o estudo presentado polo promotor o 21.2.2019. Á vista das conclusións do informe, solicitan a paralización de toda actuación que poida alterar o correcto funcionamento das súas instalacións. Non obstante, manifestan a súa disposición a manter os contactos necesarios para atopar a solución técnica máis adecuada para preservar os intereses de ambas as partes.

Vixésimo sexto. O 19.6.2019 o promotor informa de que contactou con Sasemar co obxecto de consensuar a mellor alternativa para o desenvolvemento do proxecto do parque eólico, e que, despois das xestións realizadas, renuncia á instalación do aeroxerador AE01 e se manteñen as outras tres posicións do parque eólico ao resultaren compatibles coas funcións de Sasemar. Así, redúcese o número de aeroxeradores de 4 a 3 e a potencia total do parque eólico de 13,86 a 10,395 MW.

No que respecta á afección ao vieiro titularidade de Sasemar, o promotor mostra a súa disposición para articular un convenio entre as partes que permita o desenvolvemento da actuación proxectada.

Vixésimo sétimo. O 31.7.2019 Sasemar aceptou a proposta do promotor e queda pendente da formalización dun convenio para o uso do vieiro. O 13.8.2019 o promotor manifestou a súa conformidade.

Vixésimo oitavo. O 2.9.2019 o promotor achegou documentación ambiental complementaria (addenda ao estudo de impacto ambiental) e o 18.10.2019 a documentación técnica actualizada (proxecto de execución, proxecto sectorial e RBDA), co obxecto de adecuar a dita documentación á nova configuración do proxecto resultante da supresión do aeroxerador AE01.

Vixésimo noveno. Mediante oficios do 22.11.2019, a xefatura territorial notificou ás persoas interesadas as modificacións introducidas na relación de bens e dereitos afectados polo proxecto.

Trixésimo. O 7.2.2020 a Xefatura Territorial da Coruña, en vista da documentación presentada polo promotor, emitiu informe favorable, coas observacións expostas no propio informe, á autorización administrativa previa, á autorización administrativa de construción e á declaración de utilidade pública, en concreto. No seu informe, a xefatura territorial indica que durante o período en que o proxecto se someteu a información pública non foron presentadas alegacións.

Trixésimo primeiro. Mediante a Resolución do 19 de febreiro de 2020, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, autorizouse a transmisión de titularidade do parque eólico Alto da Croa II, resultante do cambio de denominación social de Greenalia Wind Power Alto da Croa II, S.A.U. a sociedade limitada unipersoal.

Trixésimo segundo. O 20.2.2020, e en relación co informe do Servizo de Montes da Coruña do 22.2.2019 mencionado no antecedente de feito vixésimo primeiro, o promotor achegou un informe do Concello de Vimianzo en que se conclúe que este non é propietario do terreo de monte que consta na Consellería de Medio Rural co nome de Baíñas.

O 3.3.2020 a Dirección Xeral de Enerxía e Minas remite o escrito do promotor e o informe do Concello de Vimianzo á Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal.

Trixésimo terceiro. O 16.3.2020 Domingo Daniel Canosa Blanco, en nome e representación da asociación de propietarios forestais O Vilar, presentou un escrito, recibido nesta dirección xeral o 24.3.2020, en que manifesta que a Sofor Monte do Vilar, que se atopa afectada polo proxecto posto que ten cedida a xestión de parcelas que se recollen no proxecto, non estaba constituída na data en que someteu a información pública o proxecto, polo que solicita unha copia da documentación referente ao parque eólico para ter constancia das afeccións e das actuacións que se van efectuar.

O 13.8.2020 o promotor achegou o acordo asinado coa Sofor para a compensación das afeccións xeradas polo proxecto.

Trixésimo cuarto. O 20.5.2020 o Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Coruña emitiu un informe en que se recolle a ausencia de dereitos mineiros vixentes dentro da área de afección do parque eólico.

Trixésimo quinto. O 12.6.2020 o promotor achegou a Resolución do 09.6.2020 da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal pola que se acorda declarar extinguido o consorcio de repoboación forestal do monte de Baíñas, pertencente ao Concello de Vimianzo (A Coruña), elenco número C-3108 e expediente CRF 39/2020.

Trixésimo sexto. O 21.7.2020 a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático formulou a Declaración de Impacto Ambiental relativa ao parque eólico (DOG núm. 157, do 6.8.2020).

Trixésimo sétimo. O 5.8.2020 o promotor achegou a relación de bens e dereitos afectados polo parque eólico, actualizada cos acordos acadados e cos bens e dereitos de necesaria expropiación. O 10.8.2020 e o 12.8.2020 o promotor completou a dita documentación, incluíndo unha declaración responsable en que fai constar que asinou un acordo con Sasemar para o uso do vieiro de acceso ao parque eólico.

Trixésimo oitavo. O parque eólico conta cos dereitos de acceso e conexión á rede de transporte para a potencia obxecto desta autorización, de acordo co informe do xestor da dita rede.

Aos antecedentes de feito descritos sonlle de aplicación os seguintes

Fundamentos de dereito:

Primeiro. A Dirección Xeral de Enerxía e Minas é competente para resolver este procedemento con fundamento no Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria e nos artigos 34.1 e 44.1 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia.

Segundo. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites de procedemento establecidos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas vixentes de aplicación.

Terceiro. A seguir recóllese a información exixida nas letras a) e b) do artigo 42.2 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, respecto da declaración de impacto ambiental (DIA) das instalacións do parque eólico Alto da Croa II, formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático o 21.7.2020, e recollida no antecedente de feito trixésimo sexto desta resolución:

a) Na epígrafe 6 da DIA recóllese a proposta de resolución, que literalmente di: «Logo de finalizar a análise técnica do expediente de avaliación de impacto ambiental, proponse formular a declaración de impacto ambiental do proxecto concluíndo que, nos termos recollidos ao longo deste documento, o proxecto é ambientalmente viable sempre que se cumpra, ademais do recollido no estudo de impacto ambiental e a restante documentación avaliada, o condicionado que figura ao longo desta DIA».

b) A DIA que nos ocupa refírese ás instalacións do parque eólico Alto da Croa II.

Nas epígrafes 4 e 5 da DIA recóllense as condicións que complementan, matizan ou subliñan as incluídas no estudo de impacto ambiental e a restante documentación avaliada, distribuídas nos seguintes ámbitos:

4. Condicións ambientais.

4.1. Condicións particulares.

4.2. Condicións xerais.

4.2.1. Protección da atmosfera.

4.2.2. Protección das augas e leitos fluviais.

4.2.3. Protección do solo e infraestruturas.

4.2.4. Xestión de residuos.

4.2.5. Protección da fauna, vexetación e hábitats naturais.

4.2.6. Integración paisaxística e restauración.

4.3. Outras condicións.

5. Programa de vixilancia e seguimento ambiental.

5.1. Aspectos xerais.

5.2. Aspectos específicos.

5.3. Informes do programa de vixilancia.

De acordo con todo o que antecede,

RESOLVO:

Primeiro. Outorgar a autorización administrativa previa ás instalacións do parque eólico Alto da Croa II, situado nos concellos de Dumbría e Vimianzo (A Coruña) e promovido pola sociedade Greenalia Wind Power Alto da Croa II, S.L.U., cunha potencia de 10,395 MW.

Segundo. Outorgar a autorización administrativa de construción ao proxecto de execución das instalacións do parque eólico Alto da Croa II, composto polo documento Proyecto de ejecución del parque eólico Alto da Croa II. Dumbría y Vimianzo (A Coruña). Octubre 2019, asinado dixitalmente polo enxeñeiro industrial Jorge Núñez Ares, colexiado nº 1102 do Colegio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia, e visado polo dito colexio o 17.10.2019 co número 20192796.

As características principais recollidas no proxecto son as seguintes:

Solicitante: Greenalia Wind Power Alto da Croa II, S.L.U.

Domicilio social: praza de María Pita nº 10, 1º andar, 15001 A Coruña.

Denominación: parque eólico Alto da Croa II.

Potencia instalada: 10,395 MW.

Produción neta anual estimada/Horas anuais equivalentes: 41,792 GWh/4.020 horas.

Concellos afectados: Dumbría e Vimianzo (A Coruña).

Orzamento de execución material (sen IVE): 8.881.779,30 €.

Coordenadas dos vértices da poligonal do parque eólico:

Vértice

poligonal

Parque eólico Alto da Croa II (Dumbría e Vimianzo)

ETRS89

UTM29N-X

UTM29N-Y

a

493.714

4.763.075

b

495.675

4.763.205

c

497.395

4.763.205

d

497.395

4.762.355

e

496.875

4.761.290

f

493.715

4.761.290

Coordenadas dos aeroxeradores:

Aeroxerador

Parque eólico Alto da Croa II (Dumbría e Vimianzo)

ETRS89

UTM29N-X

UTM29N-Y

AE 2

494.610

4.761.944

AE 3

494.728

4.761.694

AE 4

496.867

4.762.691

A posición do centro de seccionamento en coordenadas UTM é a seguinte:

Centro de seccionamento

Parque eólico Alto da Croa II (Dumbría e Vimianzo)

ETRS89

UTM29N-X

UTM29N-Y

CS Alto da Croa II

495.900

4.762.835

Características técnicas das instalacións eléctricas de produción, interconexión e transformación:

– 3 aeroxeradores Gamesa G-132, cunha altura ata a buxa de 84 m e un diámetro de rotor de 132 m, con xerador síncrono de 3,465 MW potencia nominal unitaria e cos seus correspondentes centros de transformación montados en góndola con potencia unitaria de 3.700 kVA de relación de transformación de 0,690/30 kV, montados sobre fuste tubular metálico.

– Rede eléctrica soterrada a 30 kV, de interconexión entre os centros de transformación dos aeroxeradores e o centro de seccionamento/control composta por 2 circuítos con condutores tipo HEPRZ1 18/30 kV Al+H16/25 1×(3×240) e 1×(3×95) mm² nos correspondentes tramos.

– Rede eléctrica soterrada a 30 kV, de 703 m, de interconexión entre o centro de seccionamento/control do parque e a subestación de evacuación SET Colectora de Regoelle (IN407A 2016/3040-1) con condutores tipo HEPRZ1 18/30 kV Al+H16/25 1×(3×500).

– O centro de seccionamento/control en edificio que conterá un transformador para servizos auxiliares de 100 kVA e 6 posicións coa seguinte configuración: cela protección transformador servizos auxiliares, cela de entrada para circuíto de evacuación do PE Monte Tourado (IN661A 2010/5-1) (posición 1), cela de entrada para circuíto de evacuación do PE Alto da Croa (IN661A 2007/6) (posición 2), cela de entrada para circuíto de evacuación do PE Alto da Croa II (posición 3), cela de medida e cela de saída de interconexión coa SET Colectora de Regoelle (IN407A 2016/3040-1).

– Rede de terras xeral, de xeito que as instalacións forman un conxunto equipotencial. A rede de terras dos aeroxeradores será con condutor Cu-50 mm².

Terceiro. Declarar a utilidade pública, en concreto, das instalacións do proxecto do parque eólico Alto da Croa II, segundo o previsto nos artigos 54 e 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A presente autorización axustarase ao cumprimento das seguintes condicións:

1. Consonte o disposto no artigo 4 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental, Greenalia Wind Power Alto da Croa II, S.L.U. constituirá, con carácter previo ao inicio das obras, unha fianza para garantir o cumprimento do deber de restaurar os terreos ocupados polo parque eólico na fase de obras. O importe da fianza fíxase, por proposta da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, en 85.736 euros.

A dita fianza depositarase na caixa xeral de depósitos da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 11.3 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, sobre réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias. A súa devolución efectuarase de acordo co establecido no artigo 6 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, unha vez depositada a fianza para garantir o deber de restaurar os terreos ocupados na fase de desmantelamento.

2. Para a inscrición da instalación no rexistro autonómico creado pola Orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xuño de 1995 (DOG núm. 135, do 14 de xullo), o promotor efectuará a correspondente solicitude, de acordo co procedemento regulamentariamente establecido.

3. A instalación adaptarase ao procedemento de captación e procesamento de datos de produción de enerxía eléctrica de Galicia regulamentado pola Orde da Consellería de Innovación e Industria, do 23 de xaneiro de 2009, pola que se establece o procedemento para a captación e procesamento dos datos de produción enerxética das instalacións acollidas ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 37, do 23 de febreiro).

4. De conformidade coa disposición transitoria cuarta número 3, da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, o promotor disporá dun prazo de tres anos, contados desde a notificación da autorización administrativa de construción, para solicitar a correspondente autorización de explotación. En caso de incumprimento, poderá producirse a revogación das mencionadas autorizacións nos termos establecidos no número 10 do artigo 53 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, ou norma que a substitúa.

5. O parque eólico deberá cumprir cos requisitos que se recollan nos procedementos de operación aprobados polo Ministerio para a Transición Ecolóxica que lle resulten de aplicación.

6. O promotor deberá dar cumprimento a todas as condicións establecidas na declaración de impacto ambiental do 21.7.2020, así como ás establecidas no correspondente programa de vixilancia e seguimento ambiental.

7. Previament ao inicio das obras, o promotor deberá presentar ante esta dirección xeral un estudo ambiental de sinerxías que inclúa as infraestruturas de evacuación, así como as posibles afeccións a infraestruturas próximas.

8. Unha vez construídas as instalacións autorizadas, e con carácter previo á súa posta en servizo, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento das condicións establecidas nesta resolución e as demais que sexan de aplicación.

9. Conxuntamente coa solicitude de autorización de explotación das instalacións o promotor deberá presentar, ante a xefatura territorial, un certificado de final de obra subscrito por un técnico facultativo competente, en que conste que a instalación se realizou de acordo coas especificacións contidas no proxecto de execución aprobado, así como coas prescricións da regulamentación técnica aplicable á materia, de acordo co artigo 132 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Así mesmo, deberá presentar ante a Dirección Xeral de Enerxía e Minas un plano as built e outro plano cartográfico en formato shape das instalacións do parque eólico.

10. No caso de que se manifestasen perturbacións na recepción do sinal de televisión directamente atribuíbles ás instalacións do parque eólico, Greenalia Wind Power Alto da Croa II, S.L.U. deberá adoptar as medidas necesarias para devolver á recepción do sinal as anteriores condicións de calidade.

11. De acordo co establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o incumprimento das condicións e requisitos establecidos nas autorizacións ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar a revogación das autorizacións, logo de audiencia do interesado.

12. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

13. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia da Coruña, de acordo co establecido nos artigos 34 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e 148 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 121 e 122, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Santiago de Compostela, 17 de agosto de 2020

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados polo parque eólico Alto da Croa II

Código

 

Parcela

Propietario

Afeccións (m²)

Serv.
de voo

Part.

Datos catastrais

Paraxe

Cultivo

Nome

Pleno dominio

Serv. paso

Ocup. temp.

 

Pol.

Parc.

Cim.

Plat.

Centro secc.

Vía

Gabia

Concello de Dumbría

32

1

6

724

Trozo da Cruz

MT-Matogueira

Hdros. de Esperanza Alsina Trillo

 

 

 

27

9

 

 

41

1

6

715

Trozo da Cruz

E-Pastos

Trillo Lourido, Genoveva

 

 

 

419 

116 

 

 

Moreira Santos, Ramiro

 

 

 

 

 

51

1

6

702

As Lagoas

MT-Matogueira

Albite Canosa, José

 

 

 

341

76

 

 

54

1

6

697

As Lagoas

MT-Matogueira

Red Eléctrica de España, S.A.

 

 

 

104

18

 

 

55

1

6

696

As Lagoas

MT-Matogueira

Red Eléctrica de España, S.A.

 

 

 

84

15

 

 

56

1

6

695

As Lagoas

MT-Matogueira

Red Eléctrica de España, S.A.

 

 

 

59

14

 

 

57

1

6

694

As Lagoas

MT-Matogueira

Red Eléctrica de España, S.A.

 

 

 

35

18

 

 

58

1

6

693

As Lagoas

MT-Matogueira

Red Eléctrica de España, S.A.

 

 

 

1

18

 

 

59

1

6

692

As Lagoas

MT-Matogueira

Red Eléctrica de España, S.A.

 

 

 

 

44

 

 

60

1

6

691

As Lagoas

MT-Matogueira

Red Eléctrica de España, S.A.

 

 

 

 

65

 

 

61

1

6

690

As Lagoas

MT-Matogueira

Red Eléctrica de España, S.A.

 

 

 

 

8

 

 

62

1

6

689

As Lagoas

MT-Matogueira

Red Eléctrica de España, S.A.

 

 

 

 

8

 

 

Concello de Vimianzo

161

1

47

505

Pedra da Vela

MT-Matogueira

Descoñecido
Fiscalía Provincial da Coruña

 

 

 

 

183

 

 

162

1

47

504

Pedra da Vela

MT-Matogueira

Descoñecido
Fiscalía Provincial da Coruña

 

 

 

 

6

 

 

210

1

47

356

Fonte Arcón

MT-Matogueira

Descoñecido
Fiscalía Provincial da Coruña

 

 

 

 

34

 

 

Concello de Dumbría

239

1

7

39

As Lagoas

MT-Matogueira

Fernández Lema, Crisanto

 

 

 

 

6

 

 

240

1

7

40

As Lagoas

MT-Matogueira

Fernández Lema, Jesús

 

 

 

 

5

 

 

243

1

7

43

As Lagoas

MT-Matogueira
E-Pastos

Lema Senra, Pedro

 

 

 

 

21

 

 

244

1

7

44

As Lagoas

MT-Matogueira
E-Pastos

Hdros. de Jesús Lema, Senra

 

 

 

 

20

 

 

245

1

7

45

As Lagoas

MT-Matogueira
E-Pastos

Lema Senra, Elisa

 

 

 

 

15

 

 

246

1

7

46

As Lagoas

MT-Matogueira
E-Pastos

Lema Senra, Manuel

 

 

 

 

16

 

 

247

1

7

47

As Lagoas

MT-Matogueira
E-Pastos

Lema Senra, María

 

 

 

 

19

 

 

249

1

7

49

As Lagoas

MT-Matogueira
E-Pastos

Quintas Pérez, Manuela Benita

 

 

 

 

47

 

 

Afeccións en metros cadrados (m²):

• Pleno dominio: superficie de expropiación dos terreos afectados. Zapata (Cim.), plataforma (Plat.) e centro de seccionamento (Centro secc.).

• Servidume de paso (Serv. paso):

– Vía: servidume de paso dos vieiros polos cales circularán os transportes durante a construción do parque, así como na súa etapa de funcionamento para labores de mantemento.

– Gabia (sistema colector): servidume de paso da liña eléctrica soterrada.

• Ocupación temporal (Ocup. temp.): ocupación dos terreos necesaria durante a execución das infraestruturas proxectadas.

• Servidume de voo das pas dos aeroxeradores (Serv. de voo).