Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Martes, 25 de agosto de 2020 Páx. 33645

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de declaración de insolvencia (ETX 57/2020).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que na execución seguida neste xulgado co número 57/2020, por instancia da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, contra a executada Iglesias Garaboa José. Antonio y CB, José Antonio Garaboa Iglesias, Diseño Hórreo, 51, baixo, S.L.U., Diseño Pontevedra, S.L., Diseño As Cancelas, S.L., Team Salón, S.L., Diseño Ramón Cabanillas, 16, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou, o día 31 de xullo de 2020, decreto de insolvencia no sentido de declarar ao executado en situación de insolvencia total por importe de 25.284,63 euros de principal, máis 205,87 euros en concepto de xuros de capitalización, máis 2.549,05 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional. E, de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido o presente edicto para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza