Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Martes, 25 de agosto de 2020 Páx. 33646

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de decreto (ETX 57/2020).

Eu, Mª Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 57/2020, deste xulgado do social, seguido por instancia de T.X.S.S., contra a empresa Iglesias Garaboa José A. y Otra, C.B., José Antonio Garaboa Iglesias, Diseño Hórreo 51 Bajo, S.L.U., Diseño Pontevedra, S.L., Diseño As Cancelas, S.L., Team Salón, S.L., Diseño Ramón Cabanillas 16, S.L., sobre reclamación de cantidade, foi ditado decreto no 31 de xullo de 2020 cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar o/os executado/s Iglesias Garaboa José A. y Otra, C.B., Jose Antonio Garaboa Iglesias, Diseño Hórreo 51 Bajo, S.L.U., Diseño Pontevedra, S.L., Diseño As Cancelas, S.L., Team Salón, S.L., Diseño Ramón Cabanillas 16, S.L., en situación de insolvencia total por importe de 25.284,63 euros en concepto de principal, máis 205,87 euros en concepto de xuros de demora, máis 2.549,05 euros que provisoriamente se orzamentan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisoria.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se a partir deste momento se coñeceren novos bens do executado.

c) Proceder á súa inscrición no rexistro correspondente e, en relación coas persoas físicas, publicar no DOG.

d) Levar o orixinal ao libro de decretos, deixando testemuño nas presentes actuacións.

Notifíquese ás partes e a Diseño Hórreo 51 Baixo S.L.U., Diseño Pontevedra, S.L., Diseño As Cancelas, S.L., Team Salón, S.L., Diseño Ramón Cabanillas, 16, S.L., por medio de edictos no DOG, facéndolles saber que en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou semellante, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 aberta no Banco Santander, conta nº 5076 0000 64 0057 20. Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria, deberase ingresar na conta número 000493569920005001274, e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta 5076 0000 64 0057 20. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada co formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acordo, mando e asino. Dou fe.

A letrada da Administración de xustiza».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Diseño Hórreo 51 Baixo, S.L.U., Diseño Pontevedra, S.L., Diseño As Cancelas, S.L., “Team Salón, S.L., Diseño Ramón Cabanillas 16, S.L., expido este edicto.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza