Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Luns, 24 de agosto de 2020 Páx. 33503

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

EXTRACTO da Resolución do 5 de agosto de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras e a convocatoria para a concesión de axudas para o rescate de proxectos de investigación galegos presentados á convocatoria de expresións de interese do ISCIII para o financiamento de proxectos de investigación sobre o SARS-CoV-2 e a enfermidade COVID-19 con cargo ao Fondo COVID-19, susceptible de financiamento Feder no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (código de procedemento IN845D).

BDNS (Identif.): 520402.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Beneficiarios

Poderán ter a condición de beneficiarios os organismos de investigación e difusión do Sistema galego de I+D+i, públicos ou privados, que presentaron un proxecto á convocatoria de expresións de interese do ISCIII para a financiamento de proxectos de investigación sobre o SARS-CoV-2 e a enfermidade COVID-19 con cargo ao Fondo COVID-19.

Cando unha entidade deste tipo leve a cabo tamén actividades económicas, o financiamento, os custos e os ingresos das ditas actividades deberanse contabilizar por separado. Ademais, as empresas que poidan exercer unha influencia decisiva nas ditas entidades, por exemplo, en calidade de accionistas ou membros, non poderán gozar de acceso preferente aos resultados que xere.

Segundo. Obxecto

Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases e convocatoria para o ano 2020, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas da Axencia Galega de Innovación a proxectos sobre o SARS-CoV-2 e a enfermidade do COVID-19 que foron presentados á convocatoria de expresións de interese realizada pola Resolución do 19 de marzo da Dirección do Instituto de Saúde Carlos III e que non acadaron financiamento (código de procedemento administrativo IN845D).

Terceiro. Bases reguladoras

Publícanse conxuntamente coa convocatoria.

Convocatoria de axudas:

A concesión destas axudas realizarase a través dun réxime de concorrencia competitiva.

Cuarto. Contía

O importe da convocatoria é de 3.000.000 de euros, coa seguinte distribución entre anos:

2020

2021

2022

Total

700.000

1.550.000

750.000

3.000.000

As subvencións obxecto desta convocatoria son susceptibles de ser financiadas no marco do programa operativo Feder 2014-2020 de Galicia, dentro do eixe 1: «Potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación», prioridade de investimento 1.2: «O fomento do investimento empresarial en I+i, o desenvolvemento de vínculos e sinerxías entre as empresas, os centros de investigación e desenvolvemento e o sector do ensino superior, en particular, mediante o fomento do investimento no desenvolvemento de produtos e servizos, a transferencia de tecnoloxía, a innovación social, a innovación ecolóxica, as aplicacións de servizo público, o estímulo da demanda, a interconexión en rede, as agrupacións e a innovación aberta a través dunha especialización intelixente, e mediante o apoio á investigación tecnolóxica e aplicada, liñas piloto, accións de validación precoz dos produtos, capacidades de fabricación avanzada e primeira produción, en particular, en tecnoloxías facilitadoras esenciais e difusión de tecnoloxías polivalentes; obxectivo específico 1.2.3: «Fomento e xeración de coñecemento de fronteira e de coñecemento orientado aos retos da sociedade, desenvolvemento de tecnoloxías emerxentes».

O importe máximo da subvención será do 100 % do investimento subvencionable. As axudas concederanse en forma de subvención.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como derradeiro día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día de publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.

Sexto. Outros datos

Poderase anticipar ata o 100 % do importe da subvención concedida para cada anualidade.

Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2020

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación