Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Venres, 21 de agosto de 2020 Páx. 33432

VI. Anuncios

b) Administración local

Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés

ANUNCIO da aprobación da conta xeral de 2019.

Unha vez rendida a conta xeral para o exercicio de 2019 e ditaminada pola Comisión Especial de Contas en sesión do 28 de xullo de 2020, xunto co ditame e documentos que a xustifican, exponse ao público na Secretaría-Intervención municipal, por un prazo de quince (15) días hábiles que se computarán a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante os cales e oito (8) días máis os interesados poderán formular por escrito as reclamacións, reparos ou observacións que coiden oportunas, tal e como se sinala no artigo 212.3 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais.

Samos, 29 de xullo de 2020

José A. García Jurjo
Presidente