Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Venres, 21 de agosto de 2020 Páx. 33433

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Gandeiras de Vea, S. Coop. Galega

ANUNCIO de disolución da cooperativa e nomeamento de liquidadoras.

Faise público que, nos termos do artigo 87.3 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, a Asemblea Xeral Ordinaria da cooperativa Gandeiras de Vea, Sdade. Coop. Galega, celebrada o día 4 de xullo de 2020, e cumpridos os requisitos legais e estatutarios, tanto na súa convocatoria como na celebración e adopción de acordos, acordou por unanimidade a disolución da cooperativa, así como a designación das socias liquidadoras, sendo nomeadas as seguintes:

– Natalia Pallas Barreiro.

– María José Correa Otero.

– Ana María Iglesias Eiras.

San Xurxo de Vea, 4 de xullo de 2020

Natalia Pallas Barreiro
María José Correa Otero
Ana María Iglesias Eiras
Liquidadoras