Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Xoves, 20 de agosto de 2020 Páx. 33303

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Salceda de Caselas

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa (expediente 3231/2018).

Descoñecéndose a identidade das persoas titulares dos inmobles relacionados a seguir, polo presente edicto ponse no seu coñecemento, polos medios establecidos no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o contido da Resolución número 2020/0625, do 15 de xullo, que literalmente di:

«Decreto de alcaldía.

Con data do 18.7.2018, Sonia Blanco Álvarez presentou escrito (Rexistro Xeral de Entrada número 2018-E-RC-4124) solicitando que cortasen as árbores e a maleza nas leiras estremeiras da súa propiedade, no lugar da Pedra (Salceda de Caselas), de titularidade descoñecida e coas seguintes referencia/s catastrais:

Ref. catastral

Polígono

Parcela

Metros vivenda

Árbores

Maleza

Nome leira

Titular

36049A019014810000KG

19

1481

20

Piñeiros e eucaliptos

Fentos e silvas

Cicorral

En investigación

36049A019014690000KU

19

1469

22

Piñeiros e eucaliptos

Fentos e herbas

Descoñecido

36049A019014680000KZ

19

1468

20

Piñeiros e eucaliptos

Fentos e silvas

Venanzos

Descoñecido

36049A019014800000KY

19

1480

20

Eucaliptos

Fentos, herbas e silvas

Regadas

En investigación

36049A019014790000KQ

19

1479

25

Piñeiros e eucaliptos

Fentos e herbas

Cicorral

En investigación

Con data do 8.7.2020 a Policía Local deste Concello emitiu informe definitivo en que se constata a existencia de árbores e maleza a unha distancia inferior aos 50 metros da vivenda.

Considerando que resulta aplicable ao presente suposto a Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, que dispón no seu artigo 21 o seguinte:

«Artigo 21. Redes secundarias de faixas de xestión de biomasa

1. Nos espazos previamente definidos como redes secundarias de faixas de xestión de biomasa nos plans municipais de prevención e defensa contra os incendios forestais, será obrigatorio para as persoas que resulten responsables consonte o artigo 21 ter xestionar a biomasa vexetal, de acordo cos criterios estipulados nesta lei e na súa normativa de desenvolvemento, nunha fanxa de 50 metros:

a) Perimetral ao solo urbano, de núcleo rural e urbanizable. Sen prexuízo do disposto na disposición transitoria quinta.

b) Arredor das edificacións, vivendas illadas, urbanizacións, depósitos de lixo, cámpings, gasolineiras e parques e instalación industriais situados a menos de 400 metros do monte.

c) Arredor das edificacións illadas destinadas ás persoas en solo rústico situadas a máis de 400 metros do monte.

2. Con carácter xeral, na mesma franxa de 50 metros mencionada no número anterior non poderá haber árbores das especies indicadas na disposición adicional terceira.

3. As distancias mencionadas neste artigo mediranse, segundo os casos:

a) Desde o limite do solo urbano, de núcleo rural e urbanizable.

b) Desde os paramentos exteriores das edificacións, vivendas illadas e urbanizable, ou os límites das súas instalacións anexas.

c) Desde o límite das instalación no caso dos depósitos de lixo, gasolineiras e parques e instalación industriais.

d) Desde o peche perimetral no caso dos cámpings».

Considerando que o artigo 21 ter da referida lei sinala que por persoas responsables se entenden as persoas titulares do dereito de aproveitamento sobre os terreos forestais e os terreos situados en zonas de influencia forestal en que exerzan os seus dereitos.

Considerando ademais, que conforme o artigo 3.3 da Lei 3/2007, é unha obriga das persoas propietarias de terreos forestais e de zonas de influencia forestal mantelos en condicións que contribúan a previr ou evitar incendios forestais, respectando as normas de xestión da biomasa.

Considerando que o artigo 135 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, dispón no parágrafo 1.c) que os propietarios de toda clase de terreos deberán conservalos nas condicións legais para servir de soporte aos ditos usos e, en todo caso, nas de seguridade, salubridade, accesibilidade universal e ornato legalmente exixibles. No mesmo artigo, dispón no parágrafo 3 que os propietarios de terreos conservarán e manterán o solo natural e, se for o caso, a masa vexetal nas condicións precisas que eviten a erosión e os incendios, impedindo a contaminación da terra, o aire e a auga, e demais condicións que se determinen na lexislación vixente.

Considerando, en último lugar que, cando se trate de interesados descoñecidos ou cuxa notificación resulte infrutuosa, será de aplicación o recollido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, que establece o seguinte: «Cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar, a notificación farase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

(…)

As administracións públicas poderán establecer outras formas de notificación complementarias a través dos restantes medios de difusión, que non excluirán a obriga de publicar o correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado».

En uso das atribucións que me confire o artigo 7 da Lei 3/2007 así como o artigo 21.1 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local,

RESOLVO:

Primeiro. Requerir os titulares das leiras relacionadas para que procedan na súa obriga de xestionar a biomasa vexetal, a efectuar no prazo de quince (15) días naturais ao seguinte da publicación do presente decreto no BOE, a corta das árbores e limpeza de silvas, maleza etc., nos terreos da súa propiedade, sitos no lugar da Pedra (Salceda de Caselas) e que se relacionan a seguir:

Ref. catastral

Polígono

Parcela

Metros vivenda

Árbores

Maleza

Nome leira

Titular

36049A019014810000KG

19

1481

20

Piñeiros e eucaliptos

Fentos e silvas

Cicorral

En investigación

36049A019014690000KU

19

1469

22

Piñeiros e eucaliptos

Fentos e herbas

Descoñecido

36049A019014680000KZ

19

1468

20

Piñeiros e eucaliptos

Fentos e silvas

Venanzos

Descoñecido

36049A019014800000KY

19

1480

20

Eucaliptos

Fentos, herbas e silvas

Regadas

En investigación

36049A019014790000KQ

19

1479

25

Piñeiros e eucaliptos

Fentos e herbas

Cicorral

En investigación

Segundo. Requirir o/a denunciado/a para que, unha vez limpa a parcela, dea conta o Concello de Salceda de Caselas, co fin de levar a cabo a inspección dos traballos realizados.

Terceiro. Advertir ao interesado/a de que, de persistir no incumprimento logo de transcorrido o prazo outorgado, se procederá á execución subsidiaria sen máis trámite, para o cal se aplicarán á parcela os seguintes custos segundo proceda:

1) Parcelas menores de 500,00 m2: custo mínimo......................................................500 € (este prezo inclúe os gastos de desprazamento de medios mecánicos e persoais á parcela, así como o tratamento da biomasa.)

2) Parcelas maiores de 500,00 m2: custo mínimo ......................................................500 € (a este custo mínimo engadiráselle o resultado de aplicar o seguinte cadro de prezos segundo as tarefas que se realicen na parcela).

Cadro de prezos para tratamento da biomasa:

Roza manual .............................................................................................................................

0,50 €/m2

Roza mecanizado con rozadora de cadeas...............................................................................

0,15 €/m2

Roza mecanizado con rozadora de martelos..............................................................................

0,20 €/m2

*Corta, corta polo pé e trituración de rama nas faixas de protección de 50 m............................

150 €/árbore

Fora dos 50 m (pistas, etc.).........................................................................................................

75 €/ud.

* No caso de corta e corta polo pé de arborado, disporá de cinco (5) días para a retirada da madeira da parcela.

Cuarto. Faise constar que no caso de que se proceda á execución subsidiaria, o titular do terreo ou do dereito de aproveitamento deste deberá facilitar o acceso ao suxeito que leve a cabo os traballos de execución subsidiaria, advertindo da facultade deste último para poder acceder á parcela sen necesidade de consentimento da persoa titular, agás naqueles supostos excepcionais en que o acceso afecte, dentro da parcela, a espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.

Quinto. Advírtese de que a contía resultante en función da súa aplicación á superficie da parcela e elementos existentes nela deberá ser aboada polo titular da parcela, sen prexuízo do custo real dos traballos unha vez rematados, estando, ademais, este concello facultado para a tramitación dun procedemento sancionador e, se é o caso, imposición de multas coercitivas.

Sexto. Advertir novamente ao interesado de que este concello está facultado para proceder á incoación do correspondente expediente de expropiación forzosa no suposto de incumprimento do disposto no presente decreto ao tratarse de titulares descoñecidos, sempre que os custos da limpeza superen o valor catastral da parcela tal e como establece a Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia e normativa complementaria.

Sétimo. Notificar este acordo aos interesados neste expediente administrativo».

Salceda de Caselas, 15 de xullo de 2020

Mª Dolores Castiñeira Alén
Alcaldesa