Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Xoves, 20 de agosto de 2020 Páx. 33302

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ortigueira

ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle de parcelas sitas no polígono industrial A Rega-Cuíña e prazo de exposición pública.

Por Acordo da Xunta de Goberno Local, do 5 de xuño de 2020, aprobouse inicialmente o estudo de detalle do 3 de marzo de 2020 redactado polo arquitecto David Novo López (colexiado número 4364 COAG) que desenvolve o Plan parcial de ordenación do solo industrial na Rega-Cuíña.

De conformidade co artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, así como co artigo 194.2 do seu Regulamento, sométese o expediente a información pública polo prazo dun (1) mes contado desde o seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o período de información pública, poderá examinar o estudo de detalle calquera persoa e formular as alegacións que procedan.

Así mesmo, estará á disposición na sede electrónica deste Concello (portal de transparencia, subcarpeta de expedientes en exposición pública): https://ortigueira.sedelectronica.es/transparency

Así mesmo, suspéndese o outorgamento das licenzas urbanísticas nas áreas afectadas polo estudo de detalle que coincide coa superficie das seguintes parcelas catastrais: 3350417NJ9335S0000PL, 3350416NJ9335S0000QL, 3350415NJ9335S0000GL, 3350414NJ9335S0000YL.

A duración da suspensión será dun ano e extinguirase, en calquera caso, coa aprobación definitiva do estudo de detalle.

Se, transcorrido o dito prazo, non se presentasen alegacións, o documento será elevado para a súa aprobación definitiva, se procede.

O que se fai público para xeral coñecemento e para os efectos oportunos.

Ortigueira, 14 de agosto de 2020

Juan Vicente Penabad Muras
Alcalde