Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Xoves, 20 de agosto de 2020 Páx. 33256

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO de citación (DSP 338/2020).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza en substitución regulamentaria do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que, mediante resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Faustino Moreira Romero contra Fermin Group Ibérica, S.L. e Colaper Personal, S.L., en reclamación por despedimento, rexistrado co número de despedimento/cesamentos en xeral 338/2020, acordouse, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da Lei reguladora da xurisdición social, citar Fermin Group Ibérica, S.L. e Colaper Personal, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que comparezan o día 2 de outubro de 2020 ás 11.20 horas para o acto de conciliación e ás 11.30 horas para o acto de xuízo, na planta baixa, sala 3, no edificio da rúa Berlín, para a celebración dos actos de conciliación e, se for o caso, xuízo. Poderán comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberán acudir con todos os medios de proba de que se tenten valer, coa advertencia de que é única convocatoria e de que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretendan comparecer ao acto do xuízo asistidas de avogado ou representadas tecnicamente por graduado social colexiado, ou representadas por procurador, porán esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida estar este representado tecnicamente por graduado social colexiado ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

Comunícase ás demandadas que está ao seu dispor na oficina xudicial deste xulgado copia da demanda e documentos adxuntos, así como as actuacións para a súa consulta.

Para que sirva de citación a Fermin Group Ibérica, S.L. e Colaper Personal, S.L., expídese este edicto de citación para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza