Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Mércores, 19 de agosto de 2020 Páx. 32951

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Tui

EDICTO de notificación de sentenza (15/2020).

Eu, Cristina Iscar Cifuentes, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Tui, fago saber que no presente procedemento, seguido por instancia de Santander Consumer Establecimiento Financiero de Crédito, S.A. fronte a David Alexandre da Rocha Viana, se ditou Sentenza 15/2020, do 30 de xaneiro, cuxa resolución literal é a seguinte:

Que, estimando substancialmente a demanda formulada por Santander Consumer Establecimiento Financiero de Crédito, S.A., contra David Alexandre da Rocha Viana (en situación procesual de rebeldía), condeno o demandado a aboar á demandante a cantidade de 6.701 euros (seis mil setecentos un euros) cos xuros pactados no contrato, dende a data de presentación da demanda con base no artigo 1108 do Código civil, e os do artigo 576 da LAC desde a presente sentenza ata o completo pagamento, e ao aboamento das custas causadas.

Modo de impugnación: mediante recurso de apelación, que se interporá ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte (20) días contados desde o día seguinte ao da notificación daquela.

E ao estar o dito demandado, David Alexandre da Rocha Viana, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Tui, 30 de xaneiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza