Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Mércores, 19 de agosto de 2020 Páx. 33017

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 3 de agosto de 2020 pola que se notifica e se fai pública a resolución do procedemento para a declaración de abandono das embarcacións Río Landro e Río Sor, varadas no porto de Viveiro.

De conformidade co disposto nos artigos 44, 45 e 46 da Lei 39/2015 (BOE núm. 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, e por motivos de interese público que o fan aconsellable, faise pública, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, a resolución emitida pola Presidencia de Portos de Galicia o 21 de xullo de 2020 que declara en situación de abandono as embarcacións Río Landro, con folio 7ª-LU-2-103, e Río Sor, con folio 7ª-LU-2-4-03, varadas no porto de Viveiro, cuxa propietaria, segundo os datos do Rexistro Marítimo Español, é a Asociación para a Promoción do Deporte e Turismo Náutico na Provincia de Lugo da cal se descoñece o seu domicilio actual.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

A resolución emítese por se encontraren as embarcacións varadas sen actividade e nun claro estado de abandono desde hai uns dez (10) anos no porto de Viveiro, con base no establecido no artigo 128 da Lei 6/2017, do 12 de decembro (DOG núm. 236, do 14 de decembro), de portos de Galicia, e unha vez que non existe constancia da presentación de alegacións contra o acordo de iniciación do procedemento.

De acordo coa normativa que se cita, e a través dos medios previstos na Lei 5/2011 (DOG núm. 203, do 24 de outubro), do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, Portos de Galicia vai proceder á venda do buque e, de resultar esta fallida, ao seu despezamento e traslado a vertedoiro autorizado.

Todos os custos de tramitación ou que xeren as actuacións que se van realizar sobre o buque en función do que resulte do exame sobre o seu estado e da súa peritación serán por conta do propietario.

Esta resolución emítea a presidenta de Portos de Galicia en virtude das competencias conferidas polo artigo 12.3, alíneas a) e l), da Lei 6/2017, de portos de Galicia.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa e é executiva, poderase interpor recurso contencioso-administrativo nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o xulgado do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela que corresponda.

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2020

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia