Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Martes, 18 de agosto de 2020 Páx. 32924

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mos

ANUNCIO de información pública do Plan especial de infraestruturas e dotacións para instalacións deportivas do Real Club Celta de Vigo, S.A.D.

Aprobado inicialmente con data do 9 de xullo de 2020 o Plan especial de infraestruturas e dotacións para instalacións deportivas do Real Club Celta de Vigo, S.A.D., de conformidade co artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous (2) meses, contados desde a última das publicacións que se realicen.

Así mesmo, estará a disposición na sede electrónica do Concello de Mos [http://mos.sedelectronica.gal].

Durante o devandito prazo, poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais, para que se formulen as alegacións que se coiden pertinentes ou obter copias.

Quedan suspendidas as licenzas en todo o ámbito do territorio afectado polo plan especial cuxas novas determinacións supoñan modificación da ordenación urbanística vixente.

A duración da suspensión será dun máximo de dous (2) anos e extinguirase en calquera caso coa aprobación definitiva do plan especial, sendo efectiva desde o día seguinte ao da publicación do acordo de aprobación inicial na última das publicacións.

Mos, 24 de xullo de 2020

Camilo Augusto Martínez
Alcalde accidental