Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Martes, 18 de agosto de 2020 Páx. 32918

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO de información pública de aprobación definitiva do expediente 2018/X999/000979.

O Pleno municipal, en sesión ordinaria que tivo lugar o 29 de xuño de 2020, acordou aprobar definitivamente o plan parcial do sector de solo urbanizable delimitado SUR-D/S-T3/AR S-T3 do PXOM (A Revolta), con reaxuste da súa delimitación e o cambio de sistema de actuación, que pasa a concerto, segundo a documentación técnica presentada con data do 8 de xuño de 2020 e asinada polos arquitectos Iria Pérez Miranda (colexiada 3194 COAG) e Ignacio Lázaro Quintela (colexiado 3877 COAG), cuxo promotor é Parque Comercial A Revolta, S.L.

Neste mesmo acordo acadouse desestimar a alegación presentada neste concello no 23 de setembro de 2020 co número de rexistro de entrada 20190000005912, con base no informe do equipo redactor incorporado no número 14 da parte xustificativa da memoria do plan parcial e no informe de alegacións contido no punto XII do informe técnico e xurídico dos técnicos municipais asinado no 11 de xuño de 2020 que consta no expediente.

Xunto con este acordo fanse públicas as:

Medidas previstas para o seguimento ambiental do plan:

O seguimento ambiental do plan parcial verificará o cumprimento das medidas previstas no documento ambiental estratéxico (DAE) na fase de execución. Ademais, basearase no artigo 51 «Seguimento das declaracións ambientais estratéxicas e dos informes ambientais estratéxicos» da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, no cal se establece a necesidade dun seguimento dos efectos no medio da aplicación e execución do plan. Grazas ao sistema de seguimento, identificaranse rapidamente os efectos adversos non previstos, así como as posibles desviacións do plan, o que permitirá levar a cabo as medidas axeitadas para evitalos e correxilos.

Por iso, o promotor do plan parcial deberá remitir ao órgano substantivo, Concello de Carballo, un informe de seguimento ambiental con base no sinalado na declaración ambiental estratéxica ou no informe ambiental estratéxico, emitido polo órgano ambiental, Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, CMAOT, Xunta de Galicia.

O informe de seguimento ambiental versará sobre o cumprimento das determinacións e medidas correctoras especificadas na declaración ou informe ambiental estratéxico.

O programa de seguimento ambiental deberá conter as medidas de seguimento ambiental precisas para dar cumprimento ás determinacións establecidas polo órgano ambiental. Neste programa integraranse as actuacións de seguimento ambiental e o control das obras.

O programa de seguimento ambiental responderá aos seguintes criterios:

– Determinación do responsable ou responsables do seguimento.

– Identificar os indicadores para avaliar os distintos aspectos ambientais.

– Fixar a periodicidade e os valores límite nos indicadores propostos.

– Establecemento periódico dos informes técnicos (anual, desde o comenzo da execución).

1. Indicadores ambientais.

Variable: todas as variables

Fase: proxecto

Indicador: cumprimento das medidas desenvolvidas no PP sector de solo urbanizable sur-D/S-T3/AR S-T3 A Revolta.

Descrición

Transposición e/ou desenvolvemento das medidas á normativa do plan parcial e proxecto de urbanización

Unidade de medida

-

Fonte de datos

Normativa do PP e proxecto de urbanización (promotor)

Método de cálculo

-

Situación estimada

Inclusión das medidas propostas na normativa. No caso de non incluílas, realizarase unha xustificación razoada e a inclusión doutras medidas ambientais compensatorias

Destácanse os seguintes indicadores:

Variable: patrimonio natural

Fase: obra

Indicador: conservación da zona de maior calidade ambiental (sudeste do sector)

Descrición

Superficie dedicada a zona verde ao sur do sector

Unidade de medida

Porcentaxe de superficie de zona verde real/superficie zona verde proposta (aprox. 7.000 m²)

Fonte de datos

-

Situación de partida

Non existe zona verde

Método de cálculo

-

Situación estimada

100 %

Variable: patrimonio natural

Fase: obra

Indicador: estado da vexetación na zona meridional

Descrición

Este indicador dá información sobre o estado da vexetación existente no sector e no seu contorno inmediato

Unidade de medida

-

Fonte de datos

Promotor

Situación de partida

Reportaxe fotográfica da vexetación previa ao inicio da obra

Método de cálculo

Situación estimada

Ausencia de afección na vexetación

Variable: ocupación do solo- ciclo hídrico

Fase: obra

Indicador: permeabilidade do solo público (vías, beirarrúas, zonas verdes, etc.)

Descrición

A proporción de solo permeable nos sectores debe garantir a continuidade das superficies verdes e a creación de boas estruturas para o correcto desenvolvemento dos ecosistemas naturais

Unidade de medida

Porcentaxe de pavimentos permeables (dotacións, espazos libres, vías, aparcadoiros, etc.) ou zonas verdes (m²)/superficie total do sector de uso público

Fonte de datos

-

Situación de partida

Actualmente casi a totalidade é solo permeable

Método de cálculo

Situación estimada

Maior do 33 % de solos permeables

Variable: solo

Fase: obra

Indicador: superficie ocupada

Descrición

Informa sobre se se axustou a superficie de ocupación con respecto ao establecido no PP

Unidade de medida

Situación de partida

Datos de superficie definidos no plan

Fonte de datos

Memoria do plan parcial

Método de cálculo

Elaboración de planimetría durante o desenvolvemento do PP

Situación estimada

Ausencia de incremento da superficie de ocupación con respecto ao previsible inicialmente

Variable: enerxía

Fase: obra

Indicador: consumo de enerxía

Descrición

Este indicador dá información sobre o consumo final da enerxía das actuacións programados a raíz do desenvolvemento do plan

Unidade de medida

kW/ano

Fonte de datos

Promotor, facturas de consumo enerxético (luz, gas, etc.)

Método de cálculo

Sumatorio das facturas de consumo de enerxía ao longo do desenvolvemento das actuacións do plan

Situación estimada

Tendencia ao incremento de consumo de enerxía, considerando que se trata dunha situación temporal e puntual

Variable: mobilidade

Fase: explotación

Indicador: este indicador detallarase no estudo de impacto ambiental, segundo os criterios establecidos no estudo de mobilidade

Descrición

Neste ou nestes indicadores reflíctense os fluxos cara ao centro comercial e o modo de transporte

Unidade de medida

Fonte de datos

Método de cálculo

Situación estimada

Variable: atmósfera-cambio climático

Fase: funcionamento

Indicador: emisións de ruido

Descrición

Informa sobre os niveis sonoros do ámbito de actuación

Unidade de medida

D(BA)

Fonte de datos

Estudo preoperacional de emisións acústicas ou mapas estratéxicos de ruído se o municipio de Carballo o desenvolver

Método de cálculo

Medición de índices acústicos no ámbito da modificación puntual conforme o procedemento establecido no RD 1367/2007

Situación estimada

Mantemento do índice de ruido con respecto á situación preoperacional

Variable: ciclo de materiais

Fase: obra

Indicador: xestión de residuos

Descrición

Este indicador dá información sobre a cantidade total de residuos xerados nas actuacións do plan parcial

Unidade de medida

Fonte de datos

Promotor

Método de cálculo

Contaxe das toneladas de residuos xerados ao finalizar as actuacións da modificación puntual

Situación estimada

Xestión de residuos conforme a súa tipoloxía e mediante xestores autorizados e ausencia de variacións na previsión da xeración de residuos con respecto ao dato inicial

Variable: ciclo de materiais

Fase: uso

Indicador: xestión de residuos

Descrición

Este ou estes indicadores detallaranse no estudo de impacto ambiental

Unidade de medida

Fonte de datos

Método de cálculo

Situación estimada

Variable: calidade de vida

Fase: obra e funcionamento

Indicador: servizos públicos existentes (abastecemento, saneamento, recolla de lixo, etc.)

Descrición

Este indicador dá información sobre as queixas da poboación derivadas da ausencia de servizos públicos ou servizos deficitarios

Unidade de medida

Número de queixas veciñais polos servizos existentes

Fonte de datos

Concello de Carballo

Método de cálculo

-

Situación estimada

Ausencia de queixas da población residente en los sectores

Actualización dos indicadores:

Os indicadores do proxecto son de carácter puntual, en función da redacción.

Os indicadores de fase de obra estableceranse nunha periodicidade anual.

Os indicadores de funcionamento realizaranse nun período de 5 anos.

2. Emisións de informes de seguimento.

O obxetivo da emisión de informes é valorar a eficacia das accións realizadas para cada unha das variables que se verán afectadas e poder tomar as decisións que procedan.

Estos indicadores rexistraranse nunha serie de fichas modelo e informes que dependerán do desenvolvemento do sector.

3. Divulgación de informes.

Os informes serán remitidos ao órgano ambiental, indicando a evolución ou tendencia dos resultados e indicando a adecuación de cada indicador, tentando así detectar as tendencias negativas.

O documento aprobado definitivamente poderá consultarse na páxina web do concello na seguinte ligazón: http://carballo.abertal.info/media/documentos/ST3-aRevolta.zip

A normativa e as ordenanzas reguladoras deste plan parcial publicaranse no Boletín Oficial da provincia e remitirase o documento, debidamente dilixenciado, en formato dixital, á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, para a súa inscrición no Rexistro de planeamento urbanístico de Galicia, segundo o disposto no artigo 88 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, e no artigo 212.2 do regulamento da citada lei.

Carballo, 21 de xullo de 2020

Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde