Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Martes, 18 de agosto de 2020 Páx. 32858

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 12 da Coruña

EDICTO (785/2019).

Lourdes Villegas Castrillo, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 12 da Coruña, fai saber que neste xulgado e co nº 785/2019-AG se seguen autos de división de herdanza en que, de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da LAC, por resolución do día de hoxe se acordou citar a Jaime Rodríguez Onil, ou Onill, e Vicente Rodríguez Onil, ou Onill, co fin de que asistan á celebración de xunta de herdeiros sinalada para o día 23 de setembro de 2020, ás 10.30 horas, na sala de vistas deste xulgado, baixo apercibimento de que a xunta se celebrará, no día e hora sinalados, con aqueles que concorran.

E para que conste e sirva de citación aos demandados, Jaime Rodríguez Onil, ou Onill, e a Vicente Rodríguez Onil, ou Onill, por medio do presente edicto que se publicará no Diario Oficial de Galicia, facéndolles saber que teñen á súa disposición neste xulgado a citación e que poderán, así mesmo, examinar as actuacións, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 22 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza