Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Martes, 18 de agosto de 2020 Páx. 32857

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Terceira)

EDICTO (PO 7276/2020).

Nesta sala interpuxo recurso contencioso-administrativo o procurador Jesús Ángel Sánchez Vila, en nome e representación de Fernando Seoane Prado, fronte á Consellería de Sanidade, sobre a Orde do 17.7.2020, pola que se publica o acordo do Consello da Xunta da mesma data para a modificación do Acordo do 12.6.2020, sobre medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade.

En cumprimento do acordado en resolución do 11.8.2020 e do establecido no artigo 47.2 da LXCA, concédese o prazo de 15 días para a comparecencia dos que teñan interese lexítimo en soster a conformidade a dereito da disposición, acto ou conduta impugnados.

A Coruña, 12 de agosto de 2020

Pilar Cancela Ramírez de Arellano
Letrada da Administración de xustiza