Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Luns, 17 de agosto de 2020 Páx. 32824

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oia

EDICTO de orde de execución de limpeza de predios, ditada ao abeiro do artigo 22 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (Gestiona 1055/2020, Urb 25/2020).

En aplicación do disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (última redacción pola Lei 9/2017, de medidas fiscais e administrativas), procedemos á publicación da referencia do expediente e da referencia catastral de dúas parcelas en situación de risco de incendio; dunha delas non consta enderezo coñecido dos seus titulares e da outra non costa a identidade do titular, ao figurar en investigación no Catastro, co fin de poder continuar co procedemento previsto na normativa, para garantir a protección de vivendas e núcleos habitados fronte a incendios forestais, advertindo expresamente de execución subsidiaria por parte do concello, de acordo co disposto no artigo 22.4 da Lei 3/2007.

O texto íntegro da orde de execución está á disposición dos interesados no Servizo de Urbanismo do Concello de Oia.

Expediente

Polígono-parcela-lugar

Interesado/a

Referencia catastral

Gestiona 1055/2020

Urb 25/2020

Polígono 5 parcela 163

A Serra Seca Viladesuso

Abilio Pérez Martínez

Enderezo descoñecido

36036A005001630000QQ

Gestiona 1055/2020

Urb 25/2020

Polígono 5 parcela 520

A Serra Seca Viladesuso

Titular descoñecido

En investigación

36036A005005200000QF

En todo caso, o cómputo dos prazos comezará a contar a partir do día seguinte ao da correspondente notificación, que neste caso coincidirá coa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Oia, 28 de xullo de 2020

Cristina Correa Pombal
Alcaldesa