Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Luns, 17 de agosto de 2020 Páx. 32793

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Mos (expediente IN407A 2020/109-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministro e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204.

Denominación: LMTS e CTC Camiño da Quinta.

Situación: Mos.

Características técnicas: LMT subterránea a 15 kV con condutor tipo RHZ1-20L 12/20 kV 1×150 mm2 AI de 1.016 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente HV-1000/15 e final na cela MT do CT proxectado. Centro de transformación cun transformador de 160 kVA, con relación 15.000/400 V. As instalacións están situadas no lugar de Arrufe, na parroquia de Cela, no concello de Mos (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións ante esta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, nº 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta (30) días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase ao dispor do público para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Emprego e Industria (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica).

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 24 de xullo de 2020

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Nº expediente: IN407A 2020/109-4.

Termo municipal: Mos (Pontevedra).

Denominación: LMTS e CTC Camiño da Quinta.

Parcela 1:

Titular: descoñecido.

Referencia catastral: 36033A068006950000SY.

Polígono: 68.

Parcela: 695.

Lugar: L. Pedreira.

Cultivo: agrario.

Afección: 12,96 m² para apoio e 4,6 m2 para servidume de paso.