Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada recuamento LMT, CT, RBT Uxes Pobo, no concello de Arteixo (expediente IN407A 2015/297-1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
A Coruña, 3 de agosto de 2020
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2015/297-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: recuamento LMT, CT, RBT Uxes Pobo.
Concello: Arteixo.
Predio |
Lugar |
Titularidade proposta |
Data de ocupación |
1 |
Uxes |
Descoñecida |
14.8.2020 |