Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Luns, 17 de agosto de 2020 Páx. 32776

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Betanzos

EDICTO (376/2018).

Eu, David Santos Rio, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Betanzos, fago saber que no presente procedemento, seguido por instancia de GAG Internacional, S.L. fronte a Alfonso Ángel Pérez Rosano, se ditou sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza

Betanzos, 13 de marzo de 2019.

Vistos por min, Emma Mourenza Couto, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Betanzos e os do seu partido xudicial, os presentes autos de xuízo verbal con número 376/2018, seguidos por instancia de GAG Internacional, S.L., representado polo procurador Sr. Pedreira del Río e asistido pola letrada Sra. Martínez Cerezo, contra Alfonso Ángel Pérez Rosano, en situación procesual de rebeldía.

Resolvo:

Que debo estimar e estimo integramente a demanda interposta pola representación procesual de GAG Internacional, S.L. contra Alfonso Ángel Pérez Rosano e, en consecuencia, debo condenar e condeno este último a aboar á demandante a cantidade de 2.705,82 euros máis os xuros legais que devindique, de acordo co exposto no fundamento de dereito segundo da presente resolución, e todo iso con imposición das custas procesuais.

Notifíquese a presente ás partes, facéndolles saber que é firme e que contra ela non cabe recurso ningún.

Así o acordo, mando e asino».

E encontrándose o devandito demandado Alfonso Ángel Pérez Rosano, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Betanzos, 27 de marzo de 2020

O letrado da Administración de xustiza