Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Venres, 14 de agosto de 2020 Páx. 32562

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Sanxenxo (expediente IN407A 2020/064-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción da a instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: recuamento LMT VLG802 no Rebel e reforma CT Carballal.

Situación: Sanxenxo.

Características técnicas: LMTA (actuación 1) a 20 kV con condutor tipo LA-110 mm² AI (retensado do van augas arriba), con orixe no punto A no poste C 4500/14 proxectado en substitución do existente 9Q4XK4LM//36CD98-8, e final na orixe no punto A no poste C 4500/14 proxectado en substitución do existente 9Q4XK4LM//36CD98-8. LMTA (actuación 2) a 20 kV con condutor tipo LA-56 mm² AI de 81 metros de lonxitude, con orixe no punto F no poste C 2000/14 proxectado en substitución do existente 9QDH6FRR//36CD98-11, cara ao CT Carballal (36CD97), e final no punto E no poste C 1000/14 proxectado en substitución do existente 9QEFCGXI//36CD98-12, cara ao CT en antena de Lomba Gondar (36AY13). Reforma interior sen aumento de potencia do centro de transformación Carballal (36CD97) consistente en substituír a cela de MT existente por un bloque compacto de celas 2L1P telecontrolada por GPRS/FO. As instalacións están situadas no lugar do Rebel, na parroquia de Vilalonga, no concello de Sanxenxo (Pontevedra).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Resolución da Consellería de Economía e Industria do 19 de febreiro de 2014, pola que aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG nº 54, do 19 de marzo), así como na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG nº 203, do 25 de outubro), esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción para a devandita instalación, cuxas características se axustarán en toda as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 23 de xullo de 2020

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra