Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Xoves, 13 de agosto de 2020 Páx. 32391

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ANUNCIO do 27 de xullo de 2020, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se emprazan dous interesados no procedemento abreviado 474/2019, seguido no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela.

Intentouse a notificación aos interesados do emprazamento no procedemento xudicial, primeiro mediante a posta á disposición electrónica e logo a través do servizo de Correos nos seus domicilios, intentos todos eles que resultaron infrutuosos. Por tal motivo, de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en cumprimento do sinalado no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, procédese á publicación deste anuncio para que sirva de notificación á persoa que se indica a continuación de que está emprazada como persoa interesada no procedemento xudicial que se sinala a continuación:

DNI das persoas interesadas: 34992803M e 35561416N.

Procedemento: procedemento ordinario 474/2019, seguido no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela contra a Resolución do 7 de maio de 2019 do director xeral de Centros e Recursos Humanos, que puxo fin ao procedemento do concurso de traslados convocado pola Orde do 15 de outubro de 2018.

As persoas interesadas, se o consideran oportuno, poderán comparecer e constituirse en parte no proceso xudicial indicado no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela (rúa Viena, s/n, na cidade de Santiago de Compostela), no prazo de nove (9) días, a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2020

O director xeral de Centros e Recursos Humanos
P.S. (Resolución do 20.7.2020)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Educación,
Universidade e Formación Profesional