Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Xoves, 13 de agosto de 2020 Páx. 32390

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 28 de xullo de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a suspensión do expediente sancionador por infracción na orde social 55/2020.

De conformidade co establecido nos artigos 44, 45.1 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase á empresa que a seguir se relaciona a suspensión da instrución do expediente sancionador por infracción na orde social (materia seguridade e saúde), devolto polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario ou ben porque, intentada a notificación, esta non se puido efectuar.

O expediente relacionado encóntrase á disposición do interesado no Servizo de Emprego e Economía Social da citada Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Lugo, sito na rolda da Muralla, 70, planta baixa, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Expediente: 55/2020.

Data da suspensión do procedemento sancionador: 29 de xuño de 2020.

Empresa: Cristi-Marius, Moisa.

Enderezo: rúa Rosalía de Castro, 10-1º E, 27850 Viveiro (Lugo).

Lugo, 28 de xullo de 2020

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo