Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Xoves, 13 de agosto de 2020 Páx. 32380

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Redondela (expediente IN407A 2020/014-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

– Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

– Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

– Denominación: LMTS e CTP no Vilardo Mato-Cesante do circuíto RED-709.

– Situación: Redondela.

– Características técnicas: LMTA a 20 kV: elimínase un total de 18 apoios (13 apoios tipo raíl e 5 de tipo formigón). Desmontaxe do condutor existente, 706 m, de condutor CU-10. LMT subterránea a 15 kV con condutor tipo RHZ1-20L 12/20 kV 1×240 mm2 AI de 934 metros de lonxitude, con orixe no apoio A4L2T600 que se vai desmontar e final no CT proxectado. LMT subterránea a 15 kV con condutor tipo RHZ1-20L 12/20 kV 1×240 mm2 AI de 88 metros de lonxitude, con orixe no CT proxectado e final na rede subterránea existente. Instalación do centro de transformación prefabricado de superficie compacto (TC) con relación 15.000/400 V a 250 kVA e desmontaxe do CTI con matrícula 36AC79. As instalacións están situadas en parcelas dos polígonos 16 e 17, no concello de Redondela (Pontevedra).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro), esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción para a devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 23 de xullo de 2020

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra