Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Mércores, 12 de agosto de 2020 Páx. 32171

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 23 de xullo de 2020 pola que se notifica a resolución sobre o recurso de alzada interposto contra a resolución ditada no procedemento administrativo sancionador con número de referencia 12-48-19-387.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015 (BOE núm. 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase a Yivanna Lisset Florencio Gell, con DNI 000894300, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos, que a resolución emitida pola Presidencia de Portos de Galicia o 3 de abril de 2018 acordou desestimar o recurso de alzada interposto contra a Resolución da Dirección de Portos de Galicia do 16 de febreiro de 2018 recaída no procedemento administrativo sancionador con número de referencia 12-48-17-181.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado, quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

A citada resolución, que esgota a vía administrativa, é firme e executiva, e contra ela poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo nun prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación ante, a elección da interesada, o xulgado do contencioso-administrativo correspondente á circunscrición onde teña aquela o seu domicilio ou o xulgado do contencioso-administrativo que corresponda de Santiago de Compostela.

O expediente completo para o seu exame e consulta atópase na sede dos servizos centrais de Portos de Galicia situados no polígono das Fontiñas, praza de Europa, 5 A-6º, Santiago de Compostela.

O importe da sanción poderá facerse efectivo en período voluntario dentro do prazo establecido no artigo 62 da Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria (BOE núm. 302, do 18 de decembro), mediante ingreso en calquera das entidades de depósito colaboradoras (Banco Sabadell/Gallego, Banco Pastor, Banesto, BBVA, BSCH e Abanca), empregando o modelo impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia.

De non efectuarse o pagamento no devandito prazo, procederase á súa exacción por vía executiva.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2020

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Denunciado

Último enderezo coñecido

Feito denunciado

Data-hora-porto

Precepto

infrinxido

Precepto sancionador

Importe

sanción

Sanc. 12-48-19-387

6771-JDP

Gardapeiraos

53489439H

Estacionamento prohibido.

3.7.2019; 10.05 horas;

Ribeira (A Coruña)

Art. 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Art. 137 da LPG

90 €