Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Martes, 11 de agosto de 2020 Páx. 31918

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 23 de xullo de 2020, do Servizo de Mobilidade da Coruña, polo que se notifica o acordo de incoación do expediente sancionador en materia de transportes terrestres XC-01310-O-2020.

A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Coruña acordou a incoación do expediente sancionador XC-01310-O-2020 por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícase o acordo de incoación ditado á persoa interesada.

Infórmase de que o expediente sancionador se atopa á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Coruña.

Outorgáselle un prazo quince (15) días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que considere conveniente, presentando ou propoñendo as probas que considere oportunas.

No suposto que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días (30) contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

A Coruña, 23 de xullo de 2020

César Concheiro Ceide
Instrutor xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

anexo

Expediente

Matrícula

DNI/CIF denunciado

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

XC-01310-O-2020

3070-KWV

78797775M

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

15.1.2020; 16.10; AC-445; 6,5

Artigo 141.25 en relación co 140.1 da LOTT

Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT

801 €