Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Luns, 10 de agosto de 2020 Páx. 31768

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 21 de xullo de 2020, do Servizo de Informes e Recursos, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente OU-00958-O-2019 e un máis).

O director xeral de Mobilidade ditou a resolución do expediente sancionador número OU-00958-O-2019 e un máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmase de que os expedientes sancionadores se atopan ao dispor nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na praza de Europa, 5A, 2º en Santiago de Compostela.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta empregando o modelo impreso que se facilitará na Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto na normativa vixente.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2020

María Inmaculada Carril Barco
Xefa do Servizo de Informes e Recursos

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF Persoa sancionada

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

OU-00958-O-2019

PO-0368-AJ

76984064M

A realización de transporte ao abeiro de autorizacións de transporte privado complementario de servizos que non cumpren algunha das condicións do artigo 102.2 da LOTT.

29.4.2019; 19.40; A-52; 120

Art. 140.1 LOTT

Art. 197.1 ROTT

Art. 201.i) ROTT

Art. 143.1 LOTT

4.001 euros

OU-01124-O-2019

PO-0368-AJ

76984064M

Realizar transporte privado de mercadorías utilizando un/unha condutor/a que carece do CAP.

29.4.2019; 19.40; A-52; 120,0

Art. 140.18 LOTT

Art. 197.19 ROTT

Art. 201.h) ROTT

Art. 143.1 LOTT

2.001 euros