Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Xoves, 6 de agosto de 2020 Páx. 31426

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO das bases e convocatoria do Premio Otero Pedrayo correspondente á anualidade 2020.

No BOP núm. 150, do 2 de xullo de 2020, publicáronse as bases do Premio Otero Pedrayo 2020, que tramita esta deputación en colaboración coas restantes deputacións provinciais de Galicia.

O prazo de presentación de candidaturas finaliza o día 3 de outubro de 2020.

As bases da convocatoria poden solicitarse gratuitamente na Secretaría Xeral da Deputación de Ourense, rúa Progreso, nº 32, nos teléfonos 988 31 76 22-988 32 76 24 ou ben nos correos electrónicos juanmarquina@depourense.es ou secretaria.xeral@depourense.es.

Ourense, 27 de xullo de 2020

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense