Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Xoves, 6 de agosto de 2020 Páx. 31424

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO sobre a aprobación definitiva do estudo de delimitación de treitos urbanos nas estradas provinciais que discorren polos solos de núcleo rural no concello de Toén.

Faise público que, a Presidencia, con data do 18 de xuño de 2020, resolveu o seguinte:

Con data do 28 de novembro de 2019, a Presidencia da Deputación Provincial de Ourense aprobou provisionalmente o estudo de delimitación de treitos urbanos nas estradas provinciais que discorren polos solos de núcleo rural no concello de Toén. A citada aprobación foi exposta ao trámite de información pública mediante un anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG núm. 248, do 31 de decembro), no taboleiro de anuncios do Concello de Toén e na sede electrónica da Deputación Provincial de Ourense durante o prazo de trinta (30) días hábiles. Simultaneamente, a delimitación proposta foi sometida a informe do Concello de Toén durante idéntico prazo. Transcorrido o dito prazo, non foron recibidas alegacións nin informe do Concello en contra da delimitación proposta.

O 11 de marzo de 2020, o expediente de delimitación de treitos urbanos foi enviado á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para que emitise informe preceptivo e vinculante sobre a delimitación proposta co obxecto de poder adoptar a aprobación definitiva. Con data do 2 de xuño de 2020, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade emitiu informe favorable condicionado á realización das seguintes correccións:

– «No núcleo rural de Moreiras, existe unha zona nunha das marxes da estrada OU-0518 onde o treito urbano non mantería a súa continuidade por non tratarse de solo clasificado como de núcleo rural, sen embargo, esta discontinuidade non se reflicte na táboa de delimitación de treitos urbanos».

As erratas detectadas foron corrixidas o 16 de xuño de 2020.

Polo exposto,

DISPOÑO:

Primeiro. Aprobar definitivamente o estudo de delimitación dos siguientes treitos urbanos nas estradas provinciais que discorren polos solos de núcleo rural no concello de Toén.

missing image file

Segundo. Ordear a publicación da resolución de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Notificar a resolución de aprobación definitiva á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e ao Concello de Toén.

Ourense, 29 de xuño de 2020

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense