Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Mércores, 5 de agosto de 2020 Páx. 31235

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de agosto de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Vilagarcía de Arousa (expediente IN407A 2019/53-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e autorización administrativa de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Xunta de Compensación da UEI-22.

Domicilio social: rúa Ameneiral, 18, portal 1, 1º H, Bertamiráns, 15220 Ames.

Denominación: LMTS, CT avenida de Cambados.

Situación: Vilagarcía de Arousa.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV, con condutor RHZ1, de 266 metros de lonxitude, con orixe e final na LMTS existente VAR810, entre os CCTT 36CSS5 e 36CFY4, unha vez entre e saia do centro de transformación proxectado. Centro de transformación, de 400 kVA con R.T. 20 kV/400 V, situado nun vial interior na avenida de Cambados, Vilagarcía de Arousa.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa e autorización administrativa de construción para a dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independientemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ao seu dereito.

Pontevedra, 20 de agosto de 2019

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra