Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 4 de agosto de 2020 Páx. 31110

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 14 de Barcelona

EDICTO (124/2018).

Xuízo: seguridade social en materia prestacional 124/2018

Sobre: varios en seguridade social

Parte demandante/executante: Mutual Midat Cyclops

Parte demandada/executada: Institut Nacional de la Seguretat Social (INSS), Tresorería General de la Seguretat Social, Pavid Net, S.L.; Delfina Josefin Roo Vázquez, Umivale Mutua Colaboradora coa Seguridade Social nº 15, Gerardo Fernández Albor.

Eu, María Soledad Anadón Sancho, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 14 de Barcelona, fago constar que neste órgano xudicial se tramita o procedemento indicado no cal se ditou Sentenza nº 193/2019, do 15.7.2019.

En atención ao descoñecemento do actual domicilio da parte demandada Ignorados Herdeiros de Gerardo Fernández Albor e de acordo co disposto no artigo 59.2 da Lei reguladora da xurisdición social (LRXS), acordei notificar a anterior resolución por medio deste edicto.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, advertíndoas de que esta non é firme e que contra ela poden interpor recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña, anunciándoo ante este xulgado no prazo de cinco días hábiles contados desde o seguinte ao da notificación desta sentenza. É indispensable que no tempo de anuncialo acredite a parte que non posúa o carácter de traballador ou habente causa seu, ou non goce do dereito de xustiza gratuíta, ter consignado como depósito a cantidade de 300 € na conta deste xulgado, na entidade bancaria Banco Santander (c.c. nº 5214000065012418).

A resolución que se notifica está á disposición da persoa interesada neste órgano xudicial.

Este edicto cumpre os criterios de protección de datos de carácter persoal no ámbito da Administración de xustiza establecidos nos artigos 236 bis e seguintes da Lei orgánica do poder xudicial (LOPJ) e a Instrución 6/2012, da Secretaría Xeral da Administración de Xustiza, relativa á publicación de edictos en diarios e boletíns oficiais e á protección de datos.

E para que lles sirva de notificación na forma aos Ignorados Herdeiros de Gerardo Fernández Albor, parte demandada, cuxo domicilio ou residencia se descoñece, expido e asino o presente edicto que se publicará no Diario Oficial de Galicia e a quen advirto de que as seguintes notificacións se realizarán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios desta oficina xudicial, salvo aquelas que revistan forma de auto, sentenza ou decreto cando poña fin ao proceso, todo iso de conformidade co establecido no artigo 59.2 da Lei reguladora da xurisdición social.

Barcelona, 15 de xuño de 2020

A letrada da Administración de xustiza