Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 3 de agosto de 2020 Páx. 31019

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Marín

ANUNCIO de aprobación inicial do proxecto de expropiación, polo procedemento de taxación conxunta, para a execución do planeamento conforme o proxecto de humanización da contorna do mercado municipal de Seixo (expediente 2019 SE60-003).

Trámite de información pública.

En cumprimento do disposto no artigo 293 do RLSG (artigo 118 LSG) infórmase que o Pleno municipal, na sesión ordinaria que tivo lugar o 13 de xullo de 2020, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar inicialmente o proxecto de expropiación, polo procedemento de taxación conxunta, para a execución do planeamento conforme o proxecto de humanización da contorna do mercado municipal de Seixo (Marín), elaborado polo Estudio Técnico Gallego, S.A., asinado con data do 13.11.2019 polo arquitecto Isidro José López Yáñez (colexiado nº 2261).

Segundo. Ordenar a apertura do trámite de información pública polo prazo dun mes, mediante a inserción de anuncios no Diario oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación da provincia, para que aquelas persoas que poidan resultar interesadas formulen as observacións e reclamacións que consideren convenientes, en particular no relativo á titularidade ou á valoración dos seus respectivos dereitos.

Terceiro. Notificar as taxacións de forma individual a aquelas persoas que aparezan como titulares de bens e dereitos no expediente, mediante traslado literal das correspondentes fichas de aprecio individualizadas e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que formulen as alegacións que teñan por conveniente no prazo dun mes a partir da data da notificación.

Cuarto. Solicitar do Rexistro da Propiedade número 2 de Pontevedra a práctica da nota marxinal de incoación do procedemento expropiatorio por taxación conxunta naqueles predios afectados que figuren inscritos, consonte o disposto no artigo 22 do Real decreto 1093/1997, do 4 de xullo».

O contido íntegro do estudo de detalle aprobado poderá consultarse na seguinte ligazón: proxecto_expropiacion_seixo (https://sede.concellodemarin.es/fileadmin/user_upload/PROXECTO_EXPROPIACION_SEIXO.zip).

Marín, 14 de xullo de 2020

María Ramallo Vázquez
Alcaldesa