Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 3 de agosto de 2020 Páx. 31021

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Marín

ANUNCIO de aprobación inicial do proxecto de expropiación, polo procedemento de taxación conxunta, para a execución do planeamento entre as rúas República Arxentina e Inferniño (expediente 2019 SE60-001).

Trámite de información pública.

En cumprimento do disposto no artigo 293 do RLSG (artigo 118 LSG) infórmase que o Pleno municipal, na sesión que tivo lugar o 13 de xullo de 2020, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar inicialmente o proxecto de expropiación, polo procedemento de taxación conxunta, para a execución do planeamento entre as rúas República Arxentina e Inferniño, elaborado polo Estudio Técnico Gallego, S.A., achegado con data de rexistro de entrada neste concello do 27.11.2019 (NRE 16312) e asinado polo arquitecto Isidro José López Yáñez (colexiado nº 2261).

Segundo. Ordenar a apertura do trámite de información pública polo prazo dun mes, mediante a inserción de anuncios no Diario oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación da provincia, para que aquelas persoas que poidan resultar interesadas formulen as observacións e reclamacións que consideren convenientes, en particular no relativo á titularidade ou á valoración dos seus respectivos dereitos.

Terceiro. Notificar as taxacións de forma individual a aquelas persoas que aparezan como titulares de bens e dereitos no expediente, mediante traslado literal das correspondentes fichas de aprecio individualizadas e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que formulen as alegacións que teñan por conveniente no prazo dun mes a partir da data da notificación.

Cuarto. Solicitar do Rexistro da Propiedade número 2 de Pontevedra a práctica da nota marxinal de incoación do procedemento expropiatorio por taxación conxunta naqueles predios afectados que figuren inscritos, consonte o disposto no artigo 22 do Real decreto 1093/1997, do 4 de xullo».

O contido íntegro do estudo de detalle aprobado poderá consultarse na seguinte ligazón: proxecto expropiación (https://sede.concellodemarin.es//fileadmin/user_upload/PROXECTO_EXPROPIACION_REPUBLICA_ARGENTINA.zip.

Marín, 14 de xullo de 2020

María Ramallo Vázquez
Alcaldesa