Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 3 de agosto de 2020 Páx. 30368

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2020 pola que se modifica parcialmente a Resolución do 24 de setembro de 2019, conxunta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se adxudican as axudas do anexo I, modalidade A, da Orde do 28 de maio de 2019 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019, modificada pola Orde do 30 de setembro de 2019.

A Orde do 28 de maio de 2019 (DOG núm. 111, do 13 de xuño), modificada pola Orde do 30 de setembro de 2019 (DOG núm. 201, do 22 de outubro), establece as bases e a convocatoria das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega de Innovación (en diante, Gain), en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva.

Mediante a Resolución do 24 de setembro de 2019 (DOG núm. 189, do 4 de outubro), modificada parcialmente pola Resolución do 26 de novembro de 2019 (DOG núm. 233, do 9 de decembro), adxudicáronse as axudas da modalidade A ás entidades que contraten as persoas seleccionadas para unha praza do Programa de apoio á etapa de formación posdoutoral que se relacionan no seu anexo I.

O artigo 18 da orde de convocatoria establece que, no caso de que se produza algunha renuncia ou outra causa de extinción da relación laboral, a entidade beneficiaria deberá comunicala á Secretaría Xeral de Universidades ou á Gain (segundo sexa o caso), e que se poderá adxudicar unha nova axuda de acordo coa prelación sinalada na lista de espera, sempre e cando a renuncia se produza dentro do prazo de tres meses a partir da data de publicación da resolución de concesión.

No mesmo artigo tamén se indica que as renuncias soamente poderán ser cubertas coas solicitudes da lista de espera da modalidade e do órgano instrutor en que se produzan e que a persoa substituta quedará suxeita ás mesmas condicións durante o tempo de aproveitamento da axuda.

A competencia para adxudicar unha nova axuda correspóndelle á persoa titular da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional no caso de novas incorporacións procedentes da lista de espera das universidades do SUG.

En consecuencia, atendendo ás renuncias recibidas na Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional,

RESOLVO:

Primeiro. Aceptar a renuncia da modalidade A das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral que se indican a seguir:

Nº expediente

Universidade

1º apelido

2º apelido

Nome

Data de renuncia

ED481B-2019-028

USC

Busto

Zapico

Miguel

12.12.2019

Segundo. De acordo co artigo 18 da orde de convocatoria, adxudicar a axuda correspondente a esta renuncia á seguinte solicitude da lista de espera das universidades do SUG:

Nº expediente

Universidade

1º apelido

2º apelido

Nome

Zona 1º ano

Zona 2º ano

ED481B-2019-037

USC

Martín

Nieto

Isaac

2

1

Terceiro. Declarar extinguida a lista de agarda.

Cuarto. Redistribuír o crédito destinado ao financiamento destas axudas para a USC, segundo a renuncia e a nova incorporación, tal e como se indica na seguinte táboa:

Aplicación orzamentaria

Universidade

Crédito en euros

2020

2021

2022

2023

09.40.561B.444.0

USC

1.109.567,78

1.145.048,56

948.814,97

41.483,33

O importe destas axudas imputarase ao Plan galego de financiamento universitario para o período 2016-2020, polo que as anualidades de 2021, 2022 e 2023 se integrarán no novo plan de financiamento para os anos seguintes.

Quinto. A data de comezo do contrato será o 16 de setembro de 2020 e a súa duración será dun máximo de tres anos, de acordo co artigo 1 do anexo I da orde de convocatoria.

Sexto. A entidade beneficiaria deberá remitir un escrito de aceptación da axuda á Secretaría Xeral de Universidades no prazo de dez días contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, e vinculará a persoa seleccionada aos seus organismos mediante a formalización do correspondente contrato.

Sétimo. O artigo 14 da orde de convocatoria establece que as entidades beneficiarias e contratantes das persoas seleccionadas serán as encargadas de presentar as xustificacións correspondentes adecuadas á normativa comunitaria e nacional de aplicación e serán as perceptoras dos fondos para o pagamento dos contratos.

Segundo o establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen que se presentase esta ante o órgano administrativo competente, este requirirá o beneficiario para que, no prazo improrrogable de dez días, a presente. A falta de presentación da xustificación comportará a perda do dereito ao cobramento parcial ou total da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

Oitavo. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 19 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2020

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade
e Formación Profesional