Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 3 de agosto de 2020 Páx. 31012

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 20 de xullo de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente PSC-CO-1236/2019-PPM.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a proposta de resolución do expediente PSC-CO-1236/2019-PPM.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, nº 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da proposta de resolución e constancia de tal coñecemento.

A persoa interesada dispón dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, para formular as alegacións e presentar os documentos e informacións que xulgue oportunos. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de audiencia.

A Coruña, 20 de xullo de 2020

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-CO-1236/2019-PPM

76969830P

Proposta

A Igrexa, 29 A, Taragoña, Rianxo