Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 3 de agosto de 2020 Páx. 31013

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 20 de xullo de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-CO-0981/2019-TRA e cinco máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-CO-0981/2019-TRA e cinco máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpor recurso de alzada ante a conselleira do Mar no prazo dun (1) mes, contado ese prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, alínea c) da mesma lei.

A Coruña, 20 de xullo de 2020

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-CO-0981/2019-TRA

47354341D

Resolución

O Portiño, 39, baixo, A Coruña

PSC-CO-0986/2019-PPM

53796375l

Resolución

San Martiño, 79, Abanqueiro, Boiro

PSC-CO-1003/2019-PPM

58035327W

Resolución

O Portiño, 2, 2º D, A Coruña

PSC-CO-1007/2019-PPM

46901067L

Resolución

Camiño a Fornos, 16, Maianca, Oleiros

PSC-CO-1032/2019-PPM

78802941L

Resolución

Avda. Galicia, 31, 1º A, Fisterra

PSC-CO-1036/2019-PRE

46912655S

Resolución

Avda. Santiago, 9, 2º D, Santa Comba