Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 3 de agosto de 2020 Páx. 30361

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2020, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se fai público o esgotamento do crédito da Resolución do 1 de xuño de 2020, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas ao fomento da contratación de mulleres que sofren violencia de xénero no ámbito de colaboración coas entidades locais galegas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020.

A Resolución do 1 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas ao fomento da contratación de mulleres que sofren violencia de xénero no ámbito de colaboración coas entidades locais galegas e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento SI461A), establece que se concederán subvencións ata o esgotamento do crédito orzamentario, segundo o disposto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Para as subvencións obxecto desta convocatoria destinouse un crédito por importe total de 1.424.016 euros.

Tal partida orzamentaria finánciase con fondos finalistas do Estado que os orzamentos xerais do Estado destinan ao desenvolvemento ou á ampliación das medidas recollidas no Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Tal e como se establece no artigo 1.3 da Resolución do 1 de xuño de 2020, o procedemento de concesión destas axudas tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva de acordo co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e ata o esgotamento do crédito orzamentario coas garantías previstas no artigo 31.4 da devandita lei.

A disposición adicional única sinala que, unha vez esgotado o crédito, o órgano xestor deberá publicar o esgotamento da partida orzamentaria e a inadmisión de posteriores solicitudes.

En virtude do exposto anteriormente e no uso das facultades que teño atribuídas,

RESOLVO:

Artigo único

Dar a coñecer que o crédito orzamentario asignado ao financiamento das axudas contidas na Resolución do 1 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas ao fomento da contratación de mulleres que sofren violencia de xénero no ámbito de colaboración coas entidades locais galegas e se procede á súa convocatoria para o ano 2020, quedou esgotado con data do 19 de xuño de 2020 coa solicitude presentada ás 12.30 horas.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2020

A secretaria xeral da Igualdade
P.D. (Resolución do 8.6.2020; DOG nº 111, do 9 de xuño)
Natalia Prieto Viso
Directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa