Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 30 de xullo de 2020 Páx. 30044

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

EXTRACTO da Resolución do 23 de xullo de 2020 pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes da Resolución do 15 de xuño de 2020, pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos proxectos dos comercios retallistas galegos para contribuír á reactivación do comercio galego garantindo a seguridade laboral e a xeración de confianza no consumidor, susceptibles de financiamento polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG524C).

BDNS (Identif.): 511062.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Ampliación do prazo de presentación de solicitudes

Amplíase ata o 17 de agosto de 2020 o prazo de presentación de solicitudes da axuda, previsto no punto segundo da Resolución do 15 de xuño de 2020 (DOG núm. 120, do 19 de xuño).

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2020

Zeltia Lado Lago
A xerente do Instituto Galego de Promoción Económica