Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 30 de xullo de 2020 Páx. 30042

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2020 pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes da Resolución do 15 de xuño de 2020, pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos proxectos dos comercios retallistas galegos para contribuír á reactivación do comercio galego garantindo a seguridade laboral e a xeración de confianza no consumidor, susceptibles de financiamento polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG524C).

Mediante a Resolución do 15 de xuño de 2020 publicouse o acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica que aprobou as bases reguladoras das axudas aos proxectos dos comercios retallistas galegos para contribuír á reactivación do comercio galego garantindo a seguridade laboral e a xeración de confianza no consumidor, susceptibles de financiamento polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e convocáronse para o ano 2020 as devanditas axudas en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG524C) (DOG nº 120, do 19 de xuño).

No punto segundo da resolución establecíase que o prazo de presentación de solicitudes de axuda comezaba o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e finalizaba o 31 de xullo de 2020, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

A situación de inicio de volta á actividade de moitos establecementos, despois do peche con motivo do estado de alarma pola crise sanitaria do COVID-19, dificulta os tempos de comunicación e tramitación das axudas, que deben ser executadas e pagadas na anualidade 2020, por iso, con motivo de ampliar a comunicación ao maior número de potenciais beneficiarios, proponse unha ampliación do prazo de presentación da solicitude das axudas.

Por todo o anterior, de conformidade co disposto no artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que non se causan prexuízos a terceiros,

RESOLVO:

Primeiro. Ampliar ata o 17 de agosto de 2020 o prazo de presentación de solicitudes, establecido no punto segundo da Resolución do 15 de xuño de 2020 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Igape que aproba as bases reguladoras das axudas aos proxectos dos comercios retallistas galegos para contribuír á reactivación do comercio galego garantindo a seguridade laboral e a xeración de confianza no consumidor, susceptibles de financiamento polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG524C).

Segundo. Esta resolución entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2020

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica