Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 29 de xullo de 2020 Páx. 29861

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2020 pola que se publica o plan de estudos do máster universitario en Historia Moderna: Monarquía de España. Séculos XVI-XVIII.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, e establecido o carácter oficial do título polo Acordo do Consello de Ministros do 18 de marzo de 2016 (publicado no BOE do 11 de abril de 2016 pola Resolución do secretario xeral de universidades do 30 de marzo de 2016).

Esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, resolve publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Historia Moderna: Monarquía de España, séculos XVI-XVIII, pola Universidade Autónoma de Madrid, a Universidade de Cantabria e a Universidade de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2020

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Máster universitario en Historia Moderna: Monarquía
de España. Séculos XVI-XVIII

Rama de coñecemento: artes e humanidades.

Universidades participantes: Universidade Autónoma de Madrid, Universidade de Cantabria e Universidade de Santiago de Compostela.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias

25

Optativas

20

Traballo fin de máster

15

Créditos totais

60

Cadro 2. Materias, créditos e distribución temporal do máster.

Materias

Créditos

Carácter

Módulo

Fontes, métodos e novas tecnoloxías da información

5

OB

Materias obrigatorias

A monarquía española como poder global

5

OB

Monarquía e economía mundo

5

OB

Identidades sociais e culturais

5

OB

Institucións, corte e poderes informais

5

OP

Materias optativas

Monarquía e territorios

5

OP

Guerra, facenda e diplomacia

5

OP

Ordenación estamental e conflitos sociais

5

OP

Espazos urbanos

5

OP

Cultura, pensamento e formas de espiritualidade

5

OP

Xénero, familia e poboación

5

OP

Igrexa e confesionalización

5

OP

Practicum

10

OP

Practicum

Seminarios internacionais

5

OB

Seminarios internacionais

Traballo fin de máster

15

OB

Traballo fin de máster

Para obter o título, o estudante deberá cursar os 25 créditos das materias obrigatorias, 20 créditos de materias optativas e realizar o traballo fin de máster.