Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 29 de xullo de 2020 Páx. 29859

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2020 pola que se publica a modificación do plan de estudos do máster universitario en Química Orgánica.

Consonte o disposto nos artigos 26 e 28 do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establece o procedemento para a modificación de plans de estudos xa verificados, e unha vez recibido o informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia ás modificacións presentadas a este plan, con data do 9 de agosto de 2020, esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, resolve publicar a modificación do plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Química Orgánica pola Universidade Autónoma de Madrid, a Universidade Complutense de Madrid e a Universidade de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2020

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Máster universitario en Química Orgánica

(modificación de 2019)

Código RUCT: 4314248.

Rama de coñecemento: ciencias.

Universidades participantes: Universidade Autónoma de Madrid, Universidade Complutense de Madrid e Universidade de Santiago de Compostela.

Modalidade de impartición: presencial.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias

18

Optativas

12

Traballo fin de máster

30

Créditos totais

60

Cadro 2. Plan de estudos do máster.

Materia

Carácter

Créditos

Curso

Módulo

Síntese orgánica avanzada e mecanismos de reacción

OB

9

Formación obrigatoria avanzada

Química orgánica estrutural

OB

6

Actividades formativas titorizadas

OB

3

Deseño e métodos de síntese

OP

3

Especialización

Química computacional

OP

3

Química médica

OP

3

Química orgánica biolóxica

OP

3

Química supramolecular

OP

3

Materiais orgánicos e nanotecnoloxía

OP

3

Procesos orgánicos industriais e sustentabilidade

OP

3

Aplicacións sintéticas dos compostos organometálicos

OP

3

Química dos produtos naturais

OP

3

Química médica no desenvolvemento de fármacos: do laboratorio á clínica

OP

6

Materiais orgánicos e nanociencia

OP

6

Química orgánica supra e macromolecular

OP

6

Heterociclos e produtos naturais

OP

6

Heterociclos e química orgánica biolóxica

OP

3

Traballo fin de máster

OB

30

Traballo fin de máster