Con data do 6 de febreiro de 2020 publicouse no DOG a Orde do 20 de decembro de 2019, conxunta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, cofinanciadas parcialmente no ámbito das universidades do SUG polo Programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2020 (códigos de procedemento ED481A e IN606A).
Como consecuencia da situación creada pola evolución da epidemia do coronavirus COVID-19, e ante a declaración da Organización Mundial da Saúde (OMS) como pandemia, as consellerías de Educación, Universidade e Formación Profesional e de Economía, Emprego e Industria, co obxecto de garantir os dereitos de todas as entidades participantes, suspenderon a tramitación destes procedementos, pola Orde do 13 de marzo de 2020 (DOG núm. 55, do 20 de marzo).
Pola Resolución do 12 de maio de 2020, conxunta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG núm. 95, do 18 de maio), acordouse a continuación da tramitación dos procedementos das convocatorias abertas conxuntas.
Este período de suspensión dos procedementos obriga a un aprazamento na resolución e no comezo dos contratos sobre o establecido na Orde do 20 de decembro de 2019, polo que cómpre modificar a convocatoria para adaptala á situación actual.
Atendendo a estas consideracións xerais, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Consellería de Economía, Emprego e Industria, no uso das atribucións que temos conferidas
ACORDAMOS:
Artigo único. Modificación da Orde do 20 de decembro de 2019, conxunta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, cofinanciadas parcialmente no ámbito das universidades do SUG polo Programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2020 (códigos de procedemento ED481A e IN606A)
1. Modifícase o primeiro parágrafo da alínea 1 do artigo 4, que queda redactado da seguinte maneira:
«1. A duración das axudas será dun máximo de tres anos, que se desenvolverán a partir do 1 de setembro de 2020».
2. Modifícase o primeiro parágrafo da alínea 6 do artigo 6, que queda redactado como segue:
«6. No caso de ter solicitado a axuda para estadía, antes do 1 de decembro de 2020 ou no prazo dun mes desde a data de comezo dos contratos no caso das persoas que acceden a través da lista de espera, a entidade beneficiaria deberá remitirlle á Secretaría Xeral de Universidades ou á Gain, segundo corresponda, a seguinte documentación:»
3. Do artigo 14 modifícase o seguinte parágrafo, que queda redactado da seguinte maneira:
«A data límite para a sinatura dos contratos, que se establecerá na resolución de adxudicación das axudas, será, en todo caso, antes do 1 de outubro de 2020, agás para as persoas non comunitarias que poderá ser ata o 31 de decembro de 2020».
4. Na alínea 3 do artigo 15 modifícase o período da primeira xustificación e queda redactada da seguinte maneira:
«3. A documentación indicada achegarase consonte a seguinte periodización:
Período xustificación |
Documentación |
Data límite presentación |
1ª xustificación: desde o comezo do contrato a outubro de 2020, este incluído |
A documentación indicada nas epígrafes a), c), e), f), g), h) do punto 2 deste artigo. |
15 de decembro de 2020 |
Con esta xustificación libraranse os fondos pertencentes aos complementos por persoa contratada, destinados a cada unha das entidades beneficiarias, correspondente ao primeiro ano de contrato e aos contratos que efectivamente se enviasen con anterioridade a esta data. |
5. Modifícase o primeiro parágrafo da alínea 2 do artigo 19, que queda redactado como segue:
«2. En ambas as modalidades poderase adxudicar unha nova axuda de acordo coa prelación sinalada na lista de espera, sempre e cando a renuncia se produza antes do 31 de decembro de 2020. Para cubrir estas renuncias seguirase a prelación das listas de espera definidas no artigo 11.6, tendo en conta que soamente poderán ser cubertas coas solicitudes da lista de espera da modalidade e do órgano instrutor nos que se produza a renuncia».
6. Modifícase o cadro do artigo 22, que queda da seguinte maneira:
Mod. |
Entidade beneficiaria |
Nº axudas |
Aplicación orzamentaria (e código de proxecto) |
Crédito (en euros) |
||||
2020 |
2021 |
2022 |
2023 |
Total |
||||
A |
Universidades do SUG (FSE) |
50 |
10.40.561B.444.0 (2015 00436) |
167.995,67 |
1.007.974,00 |
1.007.974,00 |
839.978,33 |
3.023.922,00 |
A |
Universidades do SUG (Fondo propio) |
50 |
10.40.561B.444.0 (2016 00129) |
90.337,67 |
592.026,00 |
292.026,00 |
201.688,33 |
1.176.078,00 |
Total modalidade A SUG |
50 |
258.333,34 |
1.600.000,00 |
1.300.000,00 |
1.041.666,66 |
4.200.000,00 |
||
B |
Universidades do SUG |
40 |
10.40.561B.444.0 (2016 00129) |
192.666,67 |
1.196.000,00 |
956.000,00 |
763.333,33 |
3.108.000,00 |
Total universidades do SUG |
90 |
451.000,01 |
2.796.000,00 |
2.256.000,00 |
1.804.999,99 |
7.308.000,00 |
||
A |
Demais entidades indicadas no artigo 2.1 |
5 |
09.A3.561A.480.0 (2016 00004) |
25.833,30 |
160.000,00 |
130.000,00 |
104.166,70 |
420.000,00 |
A |
Demais entidades indicadas no artigo 2.1 |
2 |
09.A3.561A.403.0 (2016 00004) |
10.333,32 |
64.000,00 |
52.000,00 |
41.666,68 |
168.000,00 |
Total modalidade A Gain |
7 |
36.166,62 |
224.000,00 |
182.000,00 |
145.833,38 |
588.000,00 |
||
B |
Demais entidades indicadas no artigo 2.1 |
2 |
09.A3.561A.480.0 (2016 00004) |
9.633,32 |
59.800,00 |
47.800,00 |
38.166,68 |
155.400,00 |
B |
Demais entidades indicadas no artigo 2.1 |
1 |
09.A3.561A.403.0 (2016 00004) |
4.816,66 |
29.900,00 |
23.900,00 |
19.083,34 |
77.700,00 |
Total modalidade B Gain |
3 |
14.449,98 |
89.700,00 |
71.700,00 |
57.250,02 |
233.100,00 |
||
Total outras entidades |
10 |
50.616,60 |
313.700,00 |
253.700,00 |
203.083,40 |
821.100,00 |
||
Total axudas |
100 |
|
501.616,61 |
3.109.700,00 |
2.509.700,00 |
2.008.083,39 |
8.129.100,00 |
Disposición derradeira única. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2020
Carmen Pomar Tojo |
Francisco Conde López |
Conselleira de Educación, Universidade |
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria |
e Formación Profesional |
e presidente da Axencia Galega de Innovación |